Venres. 29.03.2024
El tiempo

Laxe pensa os solpores do verán en verso

Laxe pensa os solpores do verán en verso

A fermosa paraxe da Praia dos Cristais acollerá a cita cumio do verán en verso de Laxe. O VI Solpor Poético será o sábado 25 de agosto a partir das 20:30h, e actuará o Dúo Rosas coa súa Música de Nostalxia.

Ademais, a cita servirá para a entrega de premios do VI Certame de Poesía Antón Zapata, que precisamente abre o prazo este luns 16 de xullo.

O Certame está aberto a todos os veciños e veciñas do lugar, así coma a todas ás persoas que, alleas ao Concello de Laxe, que desexen participar, podéndose inscribir nas seguintes categorías: Infantil (ata 11 anos), Xuvenil (dos 12 aos 25 anos), e Adultos (a partir dos 25 anos).

Os premios, constarán dun lote de libros para o gañador/a de cada unha das categorías establecidas, acreditados mediante diploma..

O prazo de presentación de poemas permanecerá aberto ata o luns 20 de agosto do presente ano. E teñen máis información no Concello de Laxe.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios