Venres. 29.03.2024
El tiempo

Laxe terá un novo camión do lixo

Recollida lixo 2
Laxe terá un novo camión do lixo

20 anos ten o actual camión de recollida de lixo do Concello de Laxe. De aí a importancia da súa renovación, na que colabora a Deputación. O Plan Único (POS+20) aportará o 76% dos 159.000€ que custa o novo camión, que sae estes días á licitación.

Solventarase así un problema endémico, pois as numerosas avarías que sufría, o que ocasiona un gasto elevado en reparacións e mantemento e unha prestación deficiente do servizo.

O prazo de presentación de ofertas remata o 14 de xaneiro.

Comentarios