Venres. 29.03.2024
El tiempo

Lema Suárez, Premio Sanmartiño por Toda Unha Vida adicada á Normalización

Lema Suárez, Premio Sanmartiño por Toda Unha Vida adicada á Normalización
Lema Suarez-Fotos-Santi Diaz Lema Suárez levou outro premio pola súa Normalizacion-Fotos-Santi Diaz

A Asociación cultural O Brado e o Concello da Estrada vén de facer públicos os seus XXVIII Premios San Martiño de Normalización Lingüística. E un deles ten acento soneirán. O xurado escolleu ao catedrático vimiancés Xosé María Lema Suárez como Premio Toda unha Vida, pola súa dedicación ao galego.

O xurado destaca que este catedrático de Xeografía e Historia Xosé María Lema considérase medio estradense porque foi mestre no IES Antón Losada Diéguez (despois de facelo no Fernando Blanco de Cee e en Ferrol) do 1982 ó 2011. Lema Suárez tamén formou parte da Coral Polifónica Estradense e de feito del son dúas letras que musicou Xabier Comesanha para conmemorar o centenario do himno galego: “Cen anos hai” e “Eu ben quixera”, adicado aos emigrantes estradenses en Cuba.

O xurado lembrou o seu extenso currículu, como mestre LG e da Dirección Xeral de Política Lingüística, e como novelista, sector no que tamén ten sido premiado.

En todo caso, recoñecenos que “foi unha sorpresa, pois para nada contaba con el (obvio, se non te presentas...), pero alegroume saber que hai xente que dalgún xeito te recorda”.

Lema Suárez acompaña ó poeta local Manuel Pererira e á coñecida cantante Uxía Senlle, como premio á difusión da lingua na comarca de Tabeirós Terra de Montes, e no ámbito galego, respectivamente.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/lema-suarez-premio-da-critica-de-creacion-literaria/ https://quepasanacosta.gal/manuel-vilar-e-lema-suarez-expanden-o-patrimonio-costeiro/

Comentarios