Venres. 29.03.2024
El tiempo

Lendo na cociña

Lendo na cociña
Pequenos lectores de Vimianzo

A biblioteca municipal de Vimianzo dedica a programación de animación á lectura do mes de outubro á cociña entre libros cunha exposición sobre cociña infantil que se poderá visitar durante todo este mes.

Foron moitos os nenos e nenas que participaron o pasado sábado na merenda con contos que as animadoras culturais organizaron dentro da programación da bilioteca. Os participantes primeiro de todo tiveron que elaborar o seu propio mandil e o gorro de cociñeiro, como bos manipuladores de alimentos nos que se ían converter para dispoñérense a elaborar a merenda que degustarían todos xuntos.

Os pequenos prepararon unha merenda de risa

Unha merenda na que se pode ver a creatividade dos nenos sacada das ideas que puideron ver nos libros de cociña da exposición, que follearon antes de poñérense mans á obra.

O resultado foi un exquisito e divertido prato que malia que daba mágoa comelo os pequenos non tiveron ningún reparo. E logo da merenda, para rematar a xornada, gozaron dun conto animado, relacionado coa cociña, que as animadoras se encargaron de contar. Sen dúbida as crianzas marcharon ás súas casas cun bo sabor de boca, e estarán agardando repetir a xuntanza na biblioteca o vindeiro sábado día 27 de outubro co espectáculo Os bos amigos da Compañía Trinke Trinke.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios