Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Lendoiro: “Os de Panini deberían copiar o Álbum da Costa e lembrarse dos indispensables árbitros”

Lendoiro: “Os de Panini deberían copiar o Álbum da Costa e lembrarse dos indispensables árbitros”
Lendoiro-Foto-Riazororg Augusto César Lendoiro nunha imaxe de Riazor.org Este venres 21 de decembro, Vimianzo acolle a Gala de Presentación do Álbum da Costa. Unha cita na que ademais dos xogadores, xogadoras e colexiados do noso mítico Fútbol da Costa, o protagonista será Augusto César Lendoiro. O eterno presi branquiazul volverá a súa terra (é natural de Corcubión) para contarnos moitas cousas da súa vinculación coa nosa bisbarra e co noso fútbol nunha charla que manterá coa presentadora Mónica Martínez. Pero aquí xa podemos dar un avance do que nos vai contar. Lendoiro inaugurando o Novo Cubaleiro de Corcubión en 2005 Lendoiro inaugurando o Novo Cubaleiro de Corcubión en 2005  
  • QPC: Que significa para ti volver a unha zona como a Costa da Morte a un acto futbolístico?
É como dar un salto entre a miña infancia en Corcubión, cando que se querías xogar nun campo de futbol tiñas que ia ao de Raíces en Cee; e a madurez, despois de poder disfrutar de ver realizada esa gran ilusión que tiña de axudar para que os mozos de Corcubión puidesen xogar no Novo Cubaleiro. O día que fun á súa inauguración díxenme: “Augusto, misión cumlida”.  
  • QPC: Que lembranzas futbolísiticas e persoais gardas con máis cariño de Corcubión e da zona?
Os meus veráns futbolísticos en Corcubión limitábanse aos únicos “estadios” existentes naquela época: o campo do rollo e o praia de Quenxe. De aí a miña obsesión por loitar por conseguir un campo digno para que os rapaces actuais, os Pepe e Manolíns da miña época, moi bos xogadores, puidense xogar no seu equipo e non tivesen que emigrar. Nesa conquista que foi lograr un campo para sempre agora me veñen á memoria, e seguro que me olvidarei de moitos que o merecen, familias como os Lojo, os Pais, os Lema, Fuentes, Santos, Xisco… e Rafa Mouzo, que, como alcalde, foi un home decisivo. Das peroais lembro con nostalxa os días e días de oesca polas rochas do Castelo e polo Cabo Cee, amén da busca de pintos e maragotas para unha caldeirada… ou unhas fanecas non menos sabrosas.  
  • QPC: É certo ese mito do potencial social do Fútbol da Costa? Temos un fútbol especial na Costa da Morte?
Sen ningunha dúbida. Creo que é o único que segue mantendo ese sabor único do Fútbol. Ese fútbol cercano que se foi perdendo no que era o tradicional fútbol das ligas das Mariñas, da capital con aquela Copa da Coruña que abarrotaba o estado de Riazor… Porén, a Liga e a Copa da Costa seguen mantendo con cheos nos grandes encontros ese sabor especial dese fútbol modesto sempre ligado ao estilo dunha comarca especial.  
  • QPC: Que che parece a iniciativa de crear un álbum de cromos do Fútbol da Costa?
Quizais non se vexa aga como se verá dentro de 20 ou 30 anos cando os avós poidan ensinaller o album aos seus netos e demostrarlles que eles tamén foron novos, que xogaron ben ao fútbol e, sobre todo, que disfrutaron do fútbol moito máis que os profesionais. Un detalle de xustiza, que os de Panini deberían copiar do Álbum da Costa, é acordarse deses deportistas distintos, pero indispensables no fútbol que son os árbitros. E eu engadiría… que aparezan en total dos sufridos directivos, delegados, utilleros… da Costa… Para cando?  
  • QPC: Que relacións entre a Costa da Morte e o Deportivos recordas con cariño? Aqueles Traba, Xosé Luís Vara…
Xosé Luís Vara e Traba foron dos máis brillantes xogadores do Deportivo dos 80. Desgraciadamente para min non coincidín con eles como presidente.Co que si coincidín foi como capitán dos xuvenís do Depor e como central do Fabril de Beci, Pellicer… que estivo a piques de ascender a 2ª División, foi con Manolín, que segundo din, despois demostrou que ninguén é perfecto, fíxose do Celta…

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/xa-esta-aqui-a-gala-de-presentacion-do-album-de-cromos-do-futbol-da-costa/

Comentarios