Venres. 29.03.2024
El tiempo

Leö KCH: “O Rebumbio é bo para todos. A unión fai a forza”

Leö KCH: “O Rebumbio é bo para todos. A unión fai a forza”
O rapeiro de Camiños Chans Leö KCH considera importante a creación do Rebumbio da Costa

Achégase a segunda cita de presentación do Rebumbio da Costa. Tralo éxitazo da posta en marcha cos concertos de Camariñas, todos os amantes da música en vivo están pendentes da noite de concertos deste vindeiro sábado 22 de marzo en Corcubión.

Leo KCH

E para ver como pulsan as xentes do sumerxido mundo musiqueiro da Costa, queremos falar co Leö KCH, un dos protagonistas da primeira noite de concertos cos seus "Gritos en Silencio". Falamos con el da noite, pero tamén da importancia de que unha entidade coma esta naza na Costa da Morte:

"Os concertos de Aldea Madeira estiveron fantásticos. Unha experiencia caralluda. As instalacións e o entorno natural son de película, a organización moi profesional e o ambiente en xeral moi familiar e acolledor", cóntanos Leö sobre a noite da estrea.

"Montamos unha boa festa entre todos e mesmo acabamos improvisando no directo de Licor Café Rock Band, de Sarria. A a xente pasouno #deputanai".
"A verdade e que si se fan ben as cousas e son claros os obxectivos marcados a conseguir por suposto que é moi bo o de consolidar unha asociación, tanto para os músicos e artistas da zona, como para o público en xeral",
repasa. "Todos o disfrutamos e a todos nos beneficia. A unión fai a forza!"

Leö sinala así o positivo do nacemento da entidade: "A iniciativa e planteamento da organización é moi boa, e o meu desexo é de que isto todo vaia adiante e poda evolucionar como se merece. Temos moitos músicos e artistas excepcionais na zona cun apoio cero por parte das diversas entidades. A asociación abrirá novas portas en moitos aspectos. REBUMBIOOOOOOO!!!!".

Vindeiros concertos

Como dicimos, queda agora a segunda tanda de concertos desta posta en marcha. A cita será na Cola da Rá de Corcubión o vindeiro sábado 22 de marzo, con a “Patxaranga”, banda formada por varios grupos do coruñés rumbeiro Chotokoeu, acompañados dos “Duendes Escapaos” emais “The Fe Kaos”.

Actividades ficas

Ademais, achégase a data na que Rebumbio na Costa comezará cas suas actividades de forma periódica. O 1 de abril empezarán as clases de música para os socios.
Estamos pois en tempo de inscricións e tamén de se hai xente interesade de participar de forma activa, impartindo algun taller ou master class, poden contactar coa entidade. Podedes facelo por facebook, email ([email protected]) ou por telefono (658045162 ou 651501825).

Rebumbio!!!

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas festivaleiras

Fonte

Comentarios