Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Letras Galegas para "desconfinar" a lingua

Queremos Galego
Letras Galegas para "desconfinar" a lingua

Este domingo 17 de maio Galicia celebra o Día das Letras Galegas, a pesar de que a Real Academia Galega trasladou o pleno a outubro. Pero a Plataforma Queremos Galego, que conta con máis de 600 entidades, non quere deixar pasar esa data e fai un chamamento para "desconfinar" a nosa lingua.

En materia online pide, como a comunidade Orgullo Galego, chiar o 17 de maio ás 12:00h coas etiquetas #Eufalogalego, #Precisamosdogalego e #queremosGalego para convertirnos en tendencia mundial.

En materia offline, invita a toda a veciñanza a pendurar das xanelas a bandeira galega cos cartaces preparados para a ocasión.
Ademais, un pequeno grupo de persoas representantes das entidades que forman parte da xestora de Queremos Galego celebrará, o mesmo día 17 ás 11.30 da mañá, unha ofrenda floral no busto de Carvalho Calero de Santiago de Compostela, onde darán lectura ao manifesto, unha carta aberta a Carvalho da profesora Pilar García Negro.

O voceiro de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización, Marcos Maceira, calificou a situación da nosa sociedade de “emerxencia lingüística” e aproveitou para denunciar a “inacción dos poderes públicos en defensa do galego”, e lembrou que “a lingua é cohesión social".

17Maio_Davila_Queremos Galego

Embaixada.gal

A familia de Embaixada.gal tamén quere celebrar a data na diáspora. Lembran ao homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero, e aproveitan para recuperar dous poemas (Viage e Evocazon da infancia perdida) coa axuda de compañeiros de Londres, de Alemaña, Bélxica, Suiza, Arxentina, Galicia…

Novas relacionadas

Comentarios