Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O libro “Muros. Historia viva” xa está nas Bibliotecas municipais

donación obra J M Bermúdez as Bibliotecas de Muros
O libro “Muros. Historia viva” xa está nas Bibliotecas municipais
Hai apenas un mes que presentaba o seu novo libro, “Muros. Historia viva”. E unha das primeiras cousas que quería facer José Manuel Bermúdez Siaba era levala a todas as Bibliotecas do Concello.

Así o fixo, e onte, fixo a entrega no salón de plenos do Concello de Muros, da doazón dunha serie de exemplares á alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, e o concelleiro José Vázquez, para a Biblioteca pública municipal de Muros e a Axencia de lectura de Esteiro.

A alcaldesa agradeceu este detalle do autor e animouno a seguir nesta labor de investigación e divulgación da historia muradá durante séculos e aportando datos sobre a cultura, a natureza e patrimonio deste pobo, que o autor cualifica coma un dos máis fermosos.

O acto serviu para lembrar a biografía deste autor nado en Muros en 1957, pero que emigraba de pequeno coa súa familia a Bos Aires, onde se pasou a súa infancia e cursa os seus estudos. Con 15 anos retorna a Muros, mais aínda tivo que emigrar a Suiza, onde comezou a escribir os seus primeiros poemas e relatos, e a New York; retornando definitivamente a Muros en 2001, cando xa empeza a dedicar máis tempo a unha das súas paixóns, a escrita. Publica o seu primeiro libro en 2012 e dende aquela continúa investigando e escribindo, sendo a presente a súa sexta obra publicada.

Novas relacionadas

Comentarios