Imprimir

Liderazgo

José Luis Louzán |

que pasa na costa | 22 de outubro de 2010

A ver, pregunta de exame ¿quen ostenta o liderado na Costa da Morte?... non, na Liga da Costa non, diso xa falan aquí no Quepasanacosta, no apartado de resultados e clasificacións. Non, falo do liderato real, político e social da bisbarra. Silencio… lóxico. Circunstancialmente, en momentos concretos da nosa historia recente houbo persoas que, querendo eles ou por pura inercia, remataron facéndose cargo de abanderar, liderar ou encabezar, chámeno coma queiran, diferentes loitas e mobilizacións nas que nos vimos inmersos. Falo de Don Antonino, lendario cura da parroquia de Cee, que hai mais de 30 anos foi quen de xeito mais claro aglutinou a, no seu dia, imperiosa necesidade dun hospital que servira nestas terras evitando os dramáticos e farragosos traslados a Coruña. Un párroco que abandonou a habitual neutralidade (salvo cando se trata de defender cousas da dereita mais reaccionaria) da igrexa na nosa bisbarra en prol dun ben común e que, ademais, foi quen de convocar e mobilizar a unha importante masa social para que xunto con el, se mobilizara en defensa deste dereito. Unha persoa que sufriu na súa morte a penitencia mesma de non ter hospital na bisbarra… morrer como tantos antes e despois del no urxente traslado, por una afección cardíaca, a Coruña. Despois houbo mais protestas, as mais lembradas das máis recentes a dos empregados e veciños da comarca de Fisterra en defensa dos empregos en Ferroatlantica a primeiros dos anos 90. Xa entón saíron a flote as primeiras voces que denunciaron que, a pesares do abondoso seguimento na vila, existiron moitos comercios que fixeron ouvidos xordos o chamamento e permaneceron abertos. Outro tanto cando Dumbría, en masa, saíu a par do seu alcalde en defensa dun ensino digno, e dun centro de secundaria para a vila. Pero sempre flotando, coma una nube negra, ese desatino dos irredentos, dos “entendidos” que na vez de sumarse, convencidos ou por inercia, a unha mobilización xusta, prefiren seguir ao seu porque, pensan “comigo isto non vai”. Espabilados que sempre os hai, teñan ou non razón. Cabe polo tanto preguntarse. ¿Qué son demandas xustas? Eu penso que si maña o Presidente da Xunta, que non goza para nada dos meus afectos coma ben e sabido, decide que, en defensa dos dereitos históricos de Galicia todos os Galegos debemos acudir a Madrid para demandar do Goberno central, sexa este do partido que sexa, que se pague a millonaria débeda histórica con Galicia, eu creo que a min polo menos me van ver alí. Porque é unha reclamación xusta, e senón podo ir mando recado, e pecho o meu negocio si o teño, e saio a rua… o que faga falta e poida. Porque si, porque ten que ser. Aínda que me pese. Outra cousa é a nosa bisbarra. A polarización política nos leva a extremos demenciais, onde xa non parecemos capaces de diferenciar o que esta ben do que esta mal, onde por defender a postura dunha organización, dun partido, acudimos o argumento mais peregrino con tal de non acudir as demandas do partido contrario. Onde somos quen de dar por boas as explicacións, cando se dan, dun alcalde aínda que parezan do mais estúpido so porque “é dos nosos”. Coma si nos pertenceran. Coma si, cando maña pasemos apuros económicos ou de saúde “o partido” nos fose a facilitar nalgo a vida, coma si fose a acudir o rescate da nosa vida e da dos nosos familiares. A Plataforma polo Desenvolvemento decidía en reunión desta mesma semana non convocar mobilizacións en defensa de que a Autoestrada da Costa da Morte se faga xa, sen mais demoras, e se faga completa, de dous carrís en cada sentido ata Cee. As razóns as explicaban os voceiros da entidade e non vou a abondar nelas, pero si na pregunta a cada un dos que me len, aínda non sei moi porque, semana tras semana. Ti, vostede, ¿irías detrás da pancarta en demanda desa xusta petición, ou non?. E si decidises non ir ¿ non será que, simplemente, non hai lideres na Costa da Morte capaces de convocar a 10.000 persoas para manifestarse en Compostela? Mellor aínda ¿tes medo a dicir o que pensas, ou é que simplemente nos faltan…?. Si, mellor non dicilo. O mellor acerto.
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).
Podes ver este artigo na próxima dirección /opinion/jose-luis-louzan/liderazgo/20101022180302099946.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA