Venres. 29.03.2024
El tiempo

Liga Intermunipios: O Baldaio apreta a Liga

Liga Intermunipios: O Baldaio apreta a Liga
Platel do Baldaio-Foto-David Castro A Liga Intermunicipios de Bergantiños está patrocinada polo Mesón de Carmiña

O Baldaio pon interesantísima a liga con cinco equipos en tan só catro puntos, logo da súa vitoria (4-1) sobre o líder que levaba gañando seis xornadas consecutivas.
O equipo da Pedra do Sal superou ao conxunto dirixido por Manolo Rama nun encontro no que os baldaieses foron superiores en todo momento, sobre todo a partir da primeira media hora. O resultado puido ser máis amplio pero os homes de José Luis Morgade non foron quen de materializar as súas ocasións. A anécdota do partido foi que o colexiado chegou tarde e debido a esto, o encontro comezou ás 17.00h e rematou de noite xa que as instalacións non contan con iluminación.

O Sporting Brea colócase como terceiro clasificado logo da súa vitoria (3-0) ante o Laxe. O encontro púxose de cara moi cedo para os carballeses no minuto dez cun penalti que ademais do primeiro gol supuxo a expulsión dun xogador laxense. A partir desto, sin facer un gran fútbol o Sporting Brea foi quen de facer dous goles máis e crear varias ocasións que non materializaron.

O Cereo e o Valenza empataron a tres goles no derbi coristanqués nun partido equilibrado pero no que ningún dos dous equipos brillaron polo xogo feito. Comezou adiantarse o Cereo cando transcorría o minuto 12, pero empatarían os visitantes tras un saque de esquina antes da media hora de partido. Logo desto, os locais abrirían unha pequena brecha no marcador con dous goles que poñerían o 3 a 1 no instantáneo pero a tres minutos para o descanso o Valenza aproveitaría unha pena máxima para meterse no encontro cun importante gol.
Á volta do tempo de lecer non houbo un claro dominador pero o equipo visitante sería quen de poñer o definitivo 3-3 pasado o cuarto de hora desta segundametade, a partir deste gol os dous conxuntos terían ocasións para levarse os tres puntos pero non foron que de materializalas.

O Rus e o Xornes non disputaron o encontro desta décima xornada pola incomparecencia do equipo pontecesán. A organización da competición ademais de darlle o partido por gañado aos carballeses por 3 a 0, sanciona ao equipo de Xornes con tres puntos menos na clasificación.

O Sporting Seaia sumou a súa segunda vitoria logo de gañar ao Peña Galicia por 5 a 1. Partido disputado no campo de Xaviña (Buño) no que os equipos dominaron cadansúa parte. Chegaríase ao descanso co 0 a 1 no marcador logo de que os carballeses non foran quen de aproveitar as múltiples ocasións coas que contaron.
Á volta do tempo de lecer, os malpicáns tomarían o mando do encontro e farían gol en cada ocasión coa que contaban mentras que os visitantes non gozaron da mesma eficacia.

Goleadores

  • Iván García, do CF Cereo, con 17 goles.
  • Enmanuel Varela, do Valenza Clube, con 13 dianas.
  • Iván Pena, do Sporting Brea, con 8 tantos.

Máis información

Crónicas da Liga Intermunicipios

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios