Martes. 16.04.2024
El tiempo

Limpando o imán dos plásticos

Limpando o imán dos plásticos
Limpeza en Talon Narea Unha semana antes do Encontro do lixo Mariño, que se celebra este mesmo sábado no Couto, un grupo de bravos loitadores contra o lixo, xuntáronse na pequena Praia de Talón, en Fisterra, ese embudo onde polo efecto das correntes e dos ventos, convírtese cada inverno nun espeluznante foco de atracción plástica. Durante varias horas, 4 adultos, 4 nenos e un par peregrinos e un turista que se sumaron á sesión, estiveron recollendo centos de kilos de lixo do areal. Este ano ampliaron o radio de acción ata a zona de vexetación dos cantís, pero é que cada inverno, “o mar traballa moito”, como recoñece Sole Méndez, unha das “Garbage Warriors”. Bolsas de plástico da compra, envases de comida e bedida, bandeixas de aluminio e polietileno, palliñas, latas de bebida, botellas de refresco, restos de cristais de botellas de viño, champan e cervexa, así coma cabichas e algún paquete de tabaco, bastoncillos dos oídos, cepillos de dentes, aplicadores de tampóns, envases de preservativos e outros envases de hixiene (tubos de pasta de dentes, desodorantes, champús, cosméticos…), peines, zapatos e sandalias, cepillos de fregar, chisqueiros, xoguetes e cartuchos de escopeta entre outros prásticos dificiles de identificar… Tremenda a cantidade de restos que chegan ao mar dende a terra. Pero tamén dende o sector pesqueiro como caixas, redes enmarañadas, cordas, estachas, restos de nasas, alcatruces, etiquetas prásticas, sedales, caixas de cebos, tubos luminosos, bidóns de aceite e outros restos líquidos indentificables, gomas, guantes, botas de auga e moito material utilizado en acuicultura como cestas de cultivo de ostras e cantidades inxentes de paus das cordas do cultivo de mexilón. Todo o material foi recollido polo Concello con bastante rapidez. Así e todo, ”non podemos esquecer os milleiros de microprásticos que permanecen de xeito permanente e que intentamos desesperadamente ir eliminando. Asi coma os restos de chapapote solidificado”, explica.

Novas relacionadas

Fonte 

Comentarios