Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As limpezas na praia de Area Maior reducen cosiderablemente a presencia de lixo

Limpeza da praia Area Maior de Louro coa Asoc. Rumial 1
Limpeza da praia Area Maior de Louro coa Asoc. Rumial e Os Petóns
As limpezas na praia de Area Maior reducen cosiderablemente a presencia de lixo

Novo éxito da edición de Limpeza de Praias Memorial Suso Pais que organizaron este pasado venres das Letras Galegas o Club de acitivades subacuáticas Os Petóns xunto coa ACDRM Rumial na praia de Area Maior de Louro. A pesar das inclemencias meteorolóxicas que fixeron acto de presencia nas horas previas e mesmo retrasaron un tempo o comenzo da limpeza; a asistencia foi máis que aceptable e arredor dun cento de persoas quixeron axudar nesta nova xornada medioambiental de limpeza, concienciación e homenaxe.

Durante 3 horas, os voluntari@s traballaron arreo enchendo un contedor de obra cedido polo Concello de Muros. Así e todo, foi unánime a opinión de que a cantidade de refugallos atopados na Area Maior era inferior a edicións pasadas o cal leva a pensar que a labor de anos anteriores está a dar o seu foito. Unha conclusión que fai sentir orgullosos a toda a familia dos Petóns e do Rumial, ao comprobar que están aportando o seu gran de area.

Para rematar, nada como degustar unhas empanadas, bocatas e rosco ben merecidos polos participantes.

Limpeza da praia Area Maior de Louro coa Asoc. Rumial 2Limpeza da praia Area Maior de Louro coa Asoc. Rumial

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios