Venres. 19.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
12:38
03/03/20

Lírica

Batallon Literario da Costa da Morte en 2020 no Bela Fisterra-Foto-Xesus Bua
Batallon Literario da Costa da Morte en 2020 no Bela Fisterra-Foto-Xesus Bua
Reuniuse o Batalón Literario este domingo, 24 anos despois de aquela escolma de mocidade, de corazón e de letras vivas que dou pé a unhas publicacións e a unha serie de autores e autoras novos que dende entón publican, recitan ou participan da literatura galega dende este recuncho do país.

O encontro non deixa de ofrecer imaxes alegóricas do que significan este cuarto de século nas vidas de todos e no territorio que nos alberga. As ausencias, por exemplo, son sentidas (a miña non, non me enterei nin me convidaron, pero tanto dá coma tanto ten. Nunca escribín moito máis que farfulladas sen xeito). O lugar escollido é todo un canto ao futuro que nos aplasta: un hotel ao pé da costa de Fisterra. Fermoso, moderno e aberto ao mar, ao tempo que pica no peto dos que nos visitan. Pensádeo: o Batallón literario da Costa da Morte reúnese por primeira vez en 24 anos no Hotel de Pepe Formoso na semana en que este anuncia que deixa a Cadena SER, a radio, e todo o que durante máis de 20 anos significou para el e para moitos outros.

Pepe marcha da radio (non se concibe outro nombre para a emisora que foi cabeceira da comunicación na bisbarra no que vai de século) no peor momento para este medio, que vive tempos incertos, non só pola errática xestión dos actuais dirixentes da SER na Coruña, e que declina ruína a ollos vista. Formoso deixa a comunicación profesional 2 anos despois do pasamento de Jesús Trillo, referente da prensa escrita na bisbarra e outro dos que primeiro apostou polo turismo como alicerce económico nun futuro sostible na Costa da Morte.

Estas dúas perdas marcan a fin dun tempo, pero tamén o comezo de outro realmente incerto, pouco dado á lírica e ao que ten de positiva a emoción da poesia. Un tempo de hiperrealismo cínico e deshumanizado. Mentres o territorio non fai máis que perder xente moza, mentres a posibilidade dun cambio de goberno se esfuma a mesma velocidade en que a esquerda rupturista se dispara nun pé, o futuro amósase escuro e distópico. Mulleres de tódalas idades protestan pola ausencia de pediatra, os obreiros de Ferroatlántica ou coma se chame agora acordan de novo en protestar a porta da fábrica e médicos e enfermeiras seguen a rutina de pedir respecto pola profesión e dignidade ao SERGAS. E neste contexto, debemos falar de poesía?

O Grupo Común da Esquerda decidía que sexa Antón Gómez Reino quen encabece a súa candidatura. O deciden porque a posición deste foi a de aquel neno repelente que dicía que ou se xogaba coa súas regras ou marchaba coa pelota. E, perdoádeme, pero non podo ser fiel a min mesmo sen dicir claramente que o erro cometido e maiúsculo, que o desastre vai resultar noutra maioría por incomparecencia do rival para Feijoo e que non se pode sustentar un proxecto nunha persoa na que é imposible confiar. Quen é este señor, alguén o sabe? A que se dedicaba antes de ir a Madrid a facer de escolta? A wikipedia di que se trata de “un político español”. Está ben, que dúbida cabe, pero sería bo que alguén revisase si, ademais diso, é algo máis. Traballou en algo máis que en política? cotizou? canto tempo? onde?... ten vida máis aló das Mareas da Coruña? e si así, a quen coñeceu, en quen se apoia e de onde parte a súa postura para reclamar un poder que non merece?... saíu da Coruña? Máis sinxelo, veu algunha vez a Costa da Morte, a Cee, a Fisterra, a Vimianzo? alguén o viu?

As decisións tomadas por algúns nuns despachos (si, exactamente así) que levaron a decidir que Toné e Martiño era un bo ticket para afrontar unhas autonómicas tan cruciais como as do próximo 5 de abril, se pensaron máis aló dos interes persoais de algúns?.

A única acción de verdadeira altura en todo este esperpento a levou a cabo Antón Sánchez, probablemente un dos máis sólidos e auténticos valores da esquerda galega en moito tempo. Antón marcha e deixa orfo de identidade e alma un movemento político do que seguimos sen saber moito máis aló de que están en contra de Feijoo e que lles gusta moito mandar. Non mandan en nada, ollo, pero reparten coma se tiveran as chaves da caixa.

Mentres, sigo a espera de saber que se ofrece para a Costa da Morte, onde as necesidades medran á mesma velocidade que corren a ocupar a súa cadeira Martiño e Toné, nesta especie de xogo das cadeiras musicais no que se converteu a ilusión coa que naceu o proxecto que foi En Marea. “Entre todos la mataron y ella sola se murió”, di o refraneiro.

Mentres, na Costa da Morte, neste lugar de poesía, de lírica, cada día marchan 5 persoas en dirección a Coruña.

Poden ir onde Toné a pedirlle traballo…

OUTROS ARTIGOS DE JOSÉ LUÍS LOUZÁN

DE QUE ESTAMOS FALANDO...

INFORMES SOCIOECONÓMICOS DE JOSÉ LUÍS LOUZÁN

Comentarios