Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Lito Eiroa pechou un verán de historias e estrelas co Padre Sarmiento

Lito Eiroa guiando na-ruta-padre-sarmiento
Lito Eiroa guiando na Ruta Padre Sarmiento
Lito Eiroa pechou un verán de historias e estrelas co Padre Sarmiento

Menudo verán que leva realizado Lito Eiroa, técnico cultural do Concello de Cabana, e alma das diversas propostas de dinamización do Dolme de Dombate e do resto de bens cabaneses. Ao longo do verán centos de persoas puideron disfrutar das visitas guiadas ao Dolmen, ou por exemplo, da Ruta das Estrelas con Jorge Mira.

A última saída, a última cita da programación cultural do verán de Cabana, foi a Ruta do Padre Sarmiento. Guiados por Lito, subiron dende a igrexa parroquial de San Martiño de Canduas ata o Monte Castelo, conmemorando a visita de Frei Martín Sarmiento ao mosteiro bieito de Canduas. O ilustrado galego hospedouse alí o 14 de agosto de 1745 durante a súa viaxe por Galicia.

Unha ver arriba, a xente de Canduas participou activamente no acto, pois a visita estivo teatralizada con Yago Espasandín facendo de Frei Sarmiento e unha veciña de Canduas, á que deu vida unha sempre versátil Tamara Lema. Atopar un frade do XVIII diante dos restos dun mosteiro sorprendeu e moito aos visitantes. Igual que o petróglifo da casa de Jaime, o cesteiro e a súa colección de cestos en diferentes materiais e textura.

Unha vez arriba, durante a vista do monte Castelo non houbo sorte con néboa, pero explicaron igual e interpretaron a paisaxe coa axuda de Eiroa. 

cabana-ruta-padre-sarmiento copia

Lito tivo tempo para ler o caderno de viaxe de Sarmiento, onde recollía as seguintes notas:

"Cándoas, outra légoa. Priorado noso. Noite. En Candoas no plano da escada hai unha pedra e esta inscrición: «HIC TUMULATUS MANET SUB ERA D. CXIII». Hic tumulatus manet sub era D. CXIII ou tal vez era 113 suplindo mil. Pero non se sabe quen é o que estaba enterrado onde apareceu esta pedra. Esta tróuxose non hai moito desde a igrexa de San Xoán de Borneiro, a que se compuxo ao tempo que se fixo a casa de Cándoas, no tempo do prior Frei Mauro Bázquez. A igrexa e couto de Borneiro foran da orde, segundo lin en pergameos en Moraime; e así é crible que Borneiro fora mosteiro e antigo. Está a unha legua de Cándoas.
Aldeas de Cándoas.
Cándoas. Sinde. Ures, Tabuído. San Pedro. Freixufre. Aguarei. Cabo di Area. Rancodoiro.
A ría de Cándoas é boa; terá de longo desde a ponte até a barra, legua e media. A barra principal é a que ten ao norte o lugar de Corme, e ao sur o de Laxe, que como cabo correspondente ten ao Insua e o do lado de Corme é o cabo de Turnis ou o Roncudo. E os cabos máis dentro da ría son: o Padrón, o porto do Cavalo, o da parte de Cándoas, e Osmo, o da parte de Corme.
O sábado 14 saín de Candoas para Moraime por Ozón a Lourido.”

Comentarios