Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Parlamento Galego pide por unanimidade o indulto de Manuel de Talelo

Comitiva de Lira no Parlamento Galego apoiando a peticion de indulto para Manuel de Talelo
Comitiva de Lira no Parlamento Galego apoiando a peticion de indulto para Manuel de Talelo
O Parlamento Galego pide por unanimidade o indulto de Manuel de Talelo

Despois de que todos os partidos políticos ratificasen o seu apoio, este martes 30 de abril, a Xunta de Portavoces do Parlamento Galego debatiu a petición de indulto de Manuel A. Martínez Lustres, veciño de Lira condeado á cadea a consecuencia dun enfrontamento, en 2013, con furtivos que faneaban ilegalmente na Reserva Mariña de Lira. Ao debate está convidada unha representación da familia e as amizades do veciño carnotán.

O ingreso de Manuel na cadea é inminente e a conta atrás esgótase, e por iso o BNG, presentou no Concello de Carnota unha iniciativa pedindo o indulto que resultou aprobada por unanimidade (BNG, PP e PSOE), e que logo tamén foi respaldada por milleiros de sinaturas e pola maioría do tecido social do municipio.

A resposta foi unánime. O Parlamento Galego posicionouse ao completo a favor do indulto a Manuel A. Martínez Lustres, tras un debate no que quedou claro que todas as forzas do arco parlamentario comparten unha mesma idea: Manuel non debe pasar nin un só día na cadea.

Agora só queda agardar ao que o goberno galego obre en consecuencia e transmita a petición coa máxima urxencia ao goberno do Estado, e a este que comunique de inmediato o indulto a Manuel. 

Xustiza para Manuel de Talelo

Novas relacionadas

Comentarios