Martes. 23.04.2024
El tiempo

Lorena Suárez e Roberto Roget toman o timón do BNG de Vimianzo

Lorena Suarez e Beto Roget no BNG de Vimianzo
Lorena Suárez e Beto Roget afrontan o mando do BNG de Vimianzo
Lorena Suárez e Roberto Roget toman o timón do BNG de Vimianzo

Son anos complicados no seo do BNG de Vimianzo. A marcha do equipo de Manuel Antelo aló por 2016 deixou un oco complicado de encher, que levou a Vicente Rivas a ser o candidato nas pasadas municipais, nas que ademais quedaron fóra do pleno.
Pouco a pouco o partido vaise asentando, e esta semana a asemblea local escolleu aos novos responsables. Lorena Suárez Pazos, veciña de A Piroga, será a nova responsable local da organización, acompañada por Roberto Roget, que será o vicerresponsable e número 2.

Lorena, mestre de profesión no instituto de Ponteceso, xa participou como número dous na candidatura do Bng nas elecións do pasado mes de maio. “Conto para iso coa axuda dos compañeiros e compañeiras da asemblea local, unha asemblea que non fixo mais que medrar desde que nos xuntamos para formar a lista das municipais, pero sobre todo coa colaboración de Roberto Roget que será vicerresponsable”, declarou a nova coordinadora do Bng Vimianzo.

Novas relacionadas

Comentarios