Venres. 19.04.2024
El tiempo

O lugar da Lavandeira, en Castrelo, ten rede de saneamento

obras de saneamento en Castrelo-Vimianzo
O lugar da Lavandeira, en Castrelo, ten rede de saneamento

Sempre son importantes as obras de saneamento, como está acontecendo no lugar de Lavandeira de Castrelo, en Vimianzo. O Concello está a construír unha nova rede de saneamento, que permitirá dotar á contorna dunha estación depuradora para as augas residuais, conseguindo eliminar pozos e fosas sépticas e mellorando as condicións medioambientais da zona.

A estación depuradora instalarase preto do rego da Lavandeira. O colector discorre pola CP-9203, evacuando as augas residuais por gravidade na depuradora proxectada.

O proxecto conta co financiamento do Plan Único da Deputación da Coruña 2019, dun total de 56.000€.

O Concello asegura que “executaranse traballos noutros lugares da mesma en tanto se poidan cubrir estas intervencións en materia orzamentaria”.

Comentarios