Martes. 16.04.2024
El tiempo

Mais de 100 persoas participaron nas charlas sobre prevención de timos, roubos e abusos organizadas pola Cruz Vermella

Charlas da Cruz Vermella coa Garda Civil
Mais de 100 persoas participaron nas charlas sobre prevención de timos, roubos e abusos organizadas pola Cruz Vermella

A Asemblea Comarcal de Cruz Vermella en Terra de Soneira, en colaboración coa Garda Civil, os Concellos da Comarca de Soneira e Cáritas de Camariñas, levou a cabo, durante o primeiro semestre do ano un total de sete charlas sobre “Prevención de timos, roubos e abusos ás persoas maiores”. As sesións informativas impartíronse en distintas parroquias dos Concellos de Vimianzo, Zas e Camariñas e conseguiuse sensibilizar a mais de 100 persoas maiores.

Durante aproximadamente unha hora e media, o persoal da Garda Civil deu a coñecer cales son os tipos de roubos más comúns, sobre todo na ría, ofreceu recomendacións básicas para o domicilio, coma non deixar as ventás pechadas cando te vas de vacacións ou non abrir a porta a ninguén que non coñezas, entre outras. Ademais, aínda que as persoas maiores non son usuarias moi activas das novas tecnoloxías, durante a charla déronse a coñecer tamén algúns dos timos máis comúns que se producen en Internet.

Esta iniciativa enmárcase no proxecto “Bo Trato ás persoas maiores: promoción do trato axeitado e protección fronte ao maltrato”, cuxo obxectivo é protexer ás persoas maiores fronte a calquera tipo de maltrato, promovendo un modelo de convivencia baseado no respecto dos seus dereitos, así coma a promoción da súa calidade de vida. No segundo semestre do ano, a Cruz Vermella Terra de Soneira ten previsto continuar con sesións informativas sobre o bo trato e os dereitos das persoas maiores e medidas de protección xurídica que se poden tomar antes de perder a capacidade de tomar decisións.

Comentarios