Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Máis de 1.000 familias carballesas participan nas accións de redución de lixo

Ti tes a chave na feira de carballo
Punto informativo da campaña "Ti tes a chave" na feira de carballo
Máis de 1.000 familias carballesas participan nas accións de redución de lixo

Boas cifras as que alcanzan as accións medioambientais promovidas polo Concello de Carballo. Son máis de 1.000 as familias carballesas que contribúen á redución da pegada ecolóxica a través das iniciativas de compostaxe, participando no programa “Ti tes a chave”.

No núcleo urbano son 750 as familias que xa teñen a chave dos colectores marróns, para depositar a súa quinta fracción de materia orgánica que vai directamente a Sogama, onde realiza un programa moito menos custoso para o medio ambiente, reducindo as emisións de Co2 e ademais permite fabrica un fertilizante natural.
O programa segue continúa sumando altas tamén entre os grandes produtores (establecimentos hostaleiros, empresas…) que xa suman máis de 100.

Este programa do colector marrón combínase de marabilla co de Compostaxe Caseira que están implantado polo rural carballés. Son máis de 368 vivendas as que contan co seu colector que permite almacenar os residuos orgánicos e reutilizalos directamente, en forma de compost, nas hortas caseiras. O prazo de inscrición está permanentemente aberto, e as peticións vanse atendendo en función da demanda.

Así, se queres máis información podes pasar de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, ao local de Carballo Limpo (galerías da rúa Desiderio Varela, 34) ou pasa os xoves e os domingos de feira polo stand da rúa Coruña. Recibirás un kit que consta de un caldeiro de 10 litros de capacidade, tres atados de bolsas compostables personalizadas, un tríptico informativo e, por suposto, a túa chave.

Novas relacionadas

Comentarios