Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Máis de 2200 persoas visitaron as Torres do Allo durante o verán

Máis de 2200 persoas visitaron as Torres do Allo durante o verán
Zas e outros municipios da Costa da Morte foron os principais lugares de procedencia dos visitantes das Torres do Allo deste veran Zas e outros municipios da Costa da Morte foron os principais lugares de procedencia dos visitantes das Torres do Allo deste verán Dende o 15 de xuño até o 18 de setembro, máis de 2200 persoas visitaron o pazo e súa contorna das Torres do Allo. Durante este tempo, o emblemático permaneceu aberto todos os días en horario de 11 a 20 horas. Dende a área de cultura do concello de Zas, dirixida por Manuel García Velo, puxéronse en marcha diversas actividades vinculadas á divulgación deste edificio histórico que gozaron dunha boa acollida entre os visitantes. Unha das que tivo maior repercusión foi o programa de visitas teatralizadas que se levou a cabo todos os domingos do mes de xullo e agosto e no que participaron case 400 persoas. Procedencia En canto á procedencia, cabe destacar que unha boa parte dos visitantes das Torres do Allo procederon do propio municipio de Zas e da cidade de A Coruña. Ata as instalacións tamén se achegaron veciños e veciñas doutros concellos limítrofes tales como Laxe, Vimianzo, Carballo, Malpica, Muxía, Ponteceso, entre outros. Madrid, Barcelona, Asturias e Bilbao son os principais lugares de procedencia dos turistas de orixe nacional mentras que Alemaña, Holanda e Inglaterra foron os principais países de dos visitantes extranxeiros. Novo horario  O edificio das Torres do Allo continuará aberto de venres a domingo en horario de 11 a 19 horas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios