Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Máis de 250 persoas estrean as Andainas Coñece a Costa da Morte por Cee

Máis de 250 persoas estrean as Andainas Coñece a Costa da Morte por Cee
Andaina por Cee dende San Pedro Martir-Foto-Rafa Quintans

Este sábado 14 de marzo arrincaron dende Vilar de Toba (Cee) un total de 263 persoas procedentes dos Concellos da Costa da Morte (Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Ponteceso) así como doutras puntos da provincia (Santiago, Ames, Trazo, Noia, Carballo, Laxe, Zas, Arteixo, Ferrol, Vigo, etc.) para facer una andaina circular de 10,5 km.

Mais de 250 caminantes na Andaina por Cee-Foto-Rafa Quintans

O lugar de Xallas, o camiño de Santiago, o monte de San Pedro Mártir, as vistas dende o puto xeodésico de S. Pedro (369 m. de altitude), os muíños de Morancelle, A Igrexa de S. Xian de Pereiriña, a Casa do Camiño, etc… foron algunas das localizacións por onde pasaron os camiñantes.

Foi un roteiro moi histórico, como comprobamos no artigo que compartimos tamén aquí de Víctor Manuel Castiñeira, historiador e técnico cultural no Concello ceense, grandes baluartes do municipio xunto ao servizo de deportes municipal que dirixe Manuel Calo, que ademais quere agracecer o comportamento de todos e todas participantes, así como dun xeito especial aos voluntarios de Protección Civíl de Cee e á Policía Local polo seu traballo.

A próxima andaina, no marco do Programa Completo, será no concello de Muxía o sábado 28 de marzo.

Pero antes vos deixamos co artigo en clave histórica deste roteiro.

Andaina por Cee-Foto-Rafa Quintans Peloton da Andaina por Cee-Foto-Rafa Quintans

“Polos pasos dos primeiros ceenses”, descrición histórica da andaina, por Víctor Castiñeira

Este roteiro circular, con saída e chegada en Vilar de Toba, discorre pola zona xeográfica que constitúe o embrión do actual núcleo ceense. Nada máis saír de Vilar, camiñaremos pola antiga parroquia de Refoxos, orixe da vila de Cee, xa que a primeira comunidade cristiá ceense, da que temos constancia documental, estaba ubicada no lugar de Xallas, aínda que o emprazamento físico da parroquia estaba un pouco máis abaixo de Tamil, na agra de Refoxos, baixo a advocación de San Paio. A súa fundación sitúase en plena época medieval, con anterioridade á construción da igrexa de Santa María de Junqueiras, a cal aparece mencionada no Liber Tenencie de Horro redactado polo canónigo compostelán Gonzalvo Vázquez de Mandayo no ano 1438. Así pois, debeu ser coetánea da parroquia de San Adrián de Toba, se ben cunha actuación moita máis modesta pola propia menor entidade territorial e poboacional do lugar. Esta situación provocaría que no derradeiro tercio do século XVI, o arcebispo de Santiago, Francisco Blanco decretara a incorporación dos veciños de Xallas á parroquia de Santa María da Xunqueira de Cee. Delo deixase constancia nunca visita pastoral feita á parroquia ceense na derradeira década do século XVI: “En veinte y dos dias de Julio de mil e quinientos e noventa y tres años su sª don Thomas Estronge obispo ossoriense Visitador general en este Arzobispado por su sª don Juan de sant Clemente Arzobispo del dicho Arzobispado visito la hermita de sant paio de rrefojos sita en la dicha villa de Çe la qual como se dize en la vissita passada fue Parrochia…” Despois de pasar polo lugar e capela de San Antonio de Xallas, ascenderemos cara a capela de San Pedro Mártir, antigamente dependente de Cee pero desde a idade moderna vinculada a Pereiriña. Despois de descansar e refrescarnos co auga da súa fonte, moi apreciada polos antigos romeiros e tamén polos actuais camiñantes e peregrinos, dirixiremos os nosos pasos cara o Petón das Ferreñas, no que está situado o punto xeodésico e no que acadamos un dos niveis máis altos sobre o nivel do mar do noso concello (369 m). Baixaremos logo cara ós muiños de Morancelle, restaurados hai dez anos polo concello. Este grupo de muíños datan da época moderna e contan con máis de 3 séculos de historia donde unha fonte nutre directamente aos memso. A súa importancia na economía do mundo rural era moi grande, xa que esta se asentaba na explotación da terra e do gando. A chegada do millo á nosa comarca, hacia 1630-40, xunto cun longo ciclo climático positivo para os cultivos, tivo como consecuencia un aumento considerable da poboación e relacionado con este a posta en cultivo de novas terras, tal e como se deduce polas escrituras de foros. Nunha economía de subsistencia, onde o pan era o alimento básico, os muíños xogaron un papel fundamental. O que unha soa persoa tivera muíño propio era un auténtico luxo ao alcance duns poucos privilexiados (muíños de maquía), polo que o normal era que pertencera a varios labradores (muíño de herdeiros) que se turnaban por horas para usalo. Finalmente, hai que salientar que o muíño foi un lugar de encontro para as relacións entre os veciños dunha comunidade (muíñadas). Hoxe en día, as modificacións e cambios sufridos pola economía tradicional e a sustitución destes muíños polos eléctricos, conlevou o abandono e desaparición dun elemento fundamental na Galicia rural ao longo de moitos séculos. Da importancia que tiveron os muíños na vida cotiá, o noso folclore deixounos multitude de exemplos en forma de cantigas: “Ó muíño de meu pai eu ben lle sei o tempero: cando está alto, baixalo cando está baixo, érguelo”. Desde aquí estamos xa moi preto da igrexa de Pereiriña, do século XVI pero reformada nos séculos XVIII e XIX. Situada nun promontorio natural que domina o val, esta igrexa ten unha planta de cruz latina cunha capela maior de planta cadrada e unha gran nave. O retablo maior, neoclásico, está formado por tres panos verticais; o central, de máis anchura, presenta un expositor coa imaxe do santo titular, san Xiao. As capelas da nave do cruceiro son no lado sur a dedicada ó Santo Cristo e a do lado norte a san Antonio. No exterior, destaca a presencia de contrafortes na esquina do muro testeiro. A fachada segue un esquema pentagonal e está construída con grandes perpiaños graníticos. A porta, alintelada e de luz vertical, está flanqueada por dúas enormes pilastras que soportan un friso decorado con acroterios rematados en bóla, sendo notable o influxo das grandes construccións compostelanas. A torre de estilo ecléctico, do século XIX, coroa esta fachada. Despois de contemplar esta igrexa, afrontaremos a última parte do noso roteiro iremos abandonando as terras de Pereiriña (Chafarís e Bedán) para, seguindo o antigo camiño real, entrar de novo nas terras de Toba pasando polos restos da antiga Casa do Camiño, moi preto xa de Vilar de Toba, onde remata este roteiro.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Departamentos de Cultura e Deportes do Concello de Cee.

Comentarios