Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Máis de 30 persoas participan nun proxecto de promoción da autonomía persoal

Máis de 30 persoas participan nun proxecto de promoción da autonomía persoal
asociacion-misela A través do programa, a asociación Misela ofrece atención individualizada de fisioterapia, terapia ocupación e atención psicolóxica Un total de 32 persoas e familias das comarcas de Noia e Muros participan nun proxecto de promoción da autonomía persoal desenvolvido pola asociación Misela e e financiado pola Obra Social "La Caixa". O obxectivo do programa é favorecer a funcionalidade e a autonomía dos usuarios e usuarias do servizo a través dunha atención especializada dirixida a persoas con discapacidade e ás súas familias. A través deste programa, a asociación Misela ofrece atención individualizada de fisioterapia, terapia ocupacional e atención psicolóxica a persoas con discapacidade usuarias da entidade. O obxectivo é previr a aparición ou agravamento de enfermidades ou discapacidades, así como desenvolver a máxima autonomía e contribuír a unha extensa inclusión e participación das persoas en situación de dependencia. A asociación Misela é unha organización non gubernamental, constituída no ano 1993 en Noia co obxectivo de promover o desenvolvemento persoal e social das persoas con discapacidade, así como fomentar a participación e o benestar das familias, a través dunha atención individualizada e interdisciplinar dende a infancia, na comarca de Noia e concellos limítrofes. Fonte

Comentarios