Venres. 29.03.2024
El tiempo

Máis de 600 sinaturas solicitan que a piscina de Cee sexa xestionada directamente polo concello

Máis de 600 sinaturas solicitan que a piscina de Cee sexa xestionada directamente polo concello
serxio-dominguez-piscina-cee O portavoz do BNG de Cee, Serxio Domínguez, entregou no rexistro do concello de Cee máis de 600 sinaturas A piques de cumprirse un ano do peche da piscina de Cee (que será o vindeiro 4 de abril) o BNG de Cee vén de presentar 636 sinaturas no rexistro do concello coas que solicita que sexa o propio concello quen se faga cargo da xestión directa da piscina municipal e que se abra o máis axiña posible cos prezos que tiña cando estaba aberta. Segundo sinala o seu portavoz - Serxio Domínguez Louro -, para o BNG de Cee "a xestión directa é a mellor das opcións para reabrir a instalación por varias razóns". Entre elas indican que o prazo de apertura sería máis curto que entrar nun proceso de concurso que, como mínimo, tardaría uns seis meses en tramitarse. "Asumir a xestión suporía ter un control absoluto da realidade económica e do funcionamento da piscina", xa que segundo sinala Domínguez os datos que existen actualmente son, por un lado, os dun estudo externo e, por outro, os datos "falseados" da antiga concesionaria. Ademais, dende o BNG de Cee defende que coa xestión directa sería posible manter os prezos existentes, descartándose así subas nas cotas. Para os nacionalistas este modelo de xestión permitiría a reincorporación, nun prazo curto, dos ex-traballadores da piscina - tendo en conta a situación na que se atopa cada un deles -. E por outro lado, permitiría optimizar recursos tanto humanos como materiais. "Temos traballadores no concello que poderían ocupar postos de xestión da instalación, o que suporía un aforro considerable nos gastos, xa que o seu soldo está contemplado nos orzamentos", indica Serxio Domínguez.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios