Venres. 19.04.2024
El tiempo

Malpica comeza unha serie de obras de pavimentación nas parroquias

Lugar en Camarinas
Malpica comeza unha serie de obras de pavimentación nas parroquias

O Concello de Malpica iniciou as obras de mellora na capa de rodadura en varios camiños do termo municipal. Concretamente, intervirase nos camiños de Raxeira a Tremoa, no de Leduzo e no de Filgueiras a Loroxo, situados nas parroquias de Leiloio, Cambre e Cerqueda. Contarán cun orzamento de 154.634,31 euros.

Os traballos consistirán na limpeza de cunetas para a formación de ambas marxes, así como o perfilado de taludes. Para adecentar o sobreancho, executaranse as excavacións de gabias en terra. Realizarase un bacheo de firme asfáltico e procederase ao pintado das marcas viais correspondentes.
Analizarase tamén as intervencións nas arquetas, tapas e sumidoiros, procedendo a incrementalas ou disminuilas segundo corresponda.

Comentarios