Venres. 29.03.2024
El tiempo

Malpica implica á rapazada a enviar #CartasconAlma ás persoas hospitalizadas

Cartas Malpica 2
Cartas Malpica 2
Malpica implica á rapazada a enviar #CartasconAlma ás persoas hospitalizadas

A iniciativa da Fundación María José Jove, #cartasconalma, chega ata Malpica. Gracias á colaboración do Concello, a entidade quere invitar a toda a rapazada da zona a facerlle chegar cartas ás persoas hospilizadas no CHUAC.

A temática é libre, así como o seu formato. Tan só teñen que  transmitir unha mensaxe de ánimo para contribuír nesta crise sanitaria provocada pola expansión do COVID-19. 

A través da coordinación cos diferentes centros de ensino, poden remitirse as obras ata o 24 de abril como data límite, indicando o nome, idade e o centro onde estuda o/a alumno/a. A entidade recollerá o material que proceda do traballo coordinado entre o Concello e os centros educativos para facer entrega no centro sanitario coruñés. A concelleira de Educación, María Álvarez, admite que “era imposible non sumarse a esta iniciativa. Si cun pequeno xesto podemos contribuír a axudar a aquelas persoas hospitalizadas por coronavirus, que ninguén dubide que o imos facer”, apunta a edil.

Comentarios