Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Malpica lanza un Proxecto Piloto de Comercio Electrónico para a muller rural

Malpica lanza un Proxecto Piloto de Comercio Electrónico para a muller rural

Fundamentais esta clase de proxectos para reducir a fenda dixital na Costa da Morte. O Concello de Malpica lanza Proxecto Piloto de Comercio Electrónico para a muller rural galega, no que, entre outras cousas, inclúe un Curso de Novas Tecnoloxías para mulleres maiores de 55 anos.

Proxecto Piloto de Comercio Electrónico para a muller rural galega

A área de Igualdade da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Malpica de Bergantiños colabora coa Asociación Neria na posta en marcha do Proxecto Piloto de Comercio Electrónico para a muller rural galega.
Este proxecto financiado polo Ministerio de Industria dentro do Plan Avanza pretende desenvolver un modelo de negocio (baseado no E- Commerce) que posibilite a xeración de riqueza e a mellora do emprego nas zonas costeiras e rurais de Galicia.

Poderán participar neste proxecto todas as mulleres en situación laboral activa ou desempregadas que teñan empresas ou queiran poñer en marcha unha. O sector de actividade pode ser a artesanía, o sector agroalimentario, turismo rural, ou calquera outra idea que se propoña por parte das participantes.

O proxecto consta de varias fases: Formación, desenvolvemento dos proxectos pilotos das participantes, seguimento e asesoramento e a difusión dos proxectos realizados. Todo o proxecto piloto durará ata finais de 2012 e non terá ningún custo para as mulleres que nel participen.

Máis información

Para recibir máis información ou inscribirse pódense dirixir ao Departamento de Servizos Sociais do Concello ou contactar coa Técnica de Igualdade nos teléfonos 981720280/981707104 ou no e-mail [email protected]

Curso de Novas Tecnoloxías para mulleres maiores de 55 anos

A área de Igualdade da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Malpica de Bergantiños pon en marcha a 1ª Edición do Curso de Novas Tecnoloxías para mulleres maiores de 55 anos que se desenvolverá do 22 de maio ao 19 de xullo na Casa do Oleiro en Buño.

O curso consta de tres módulos: Informática (15h.), Telefonía Móbil (10h.) e Fotografía Dixital (5h.). Para estes dous últimos módulos é preciso que as mulleres que asistan dispoñan de cámara dixital e teléfono móbil para o seu uso durante o curso. Dito curso é achegar as novas tecnoloxías ás mulleres, rompendo con isto a fenda dixital existente entre mulleres e homes.

Máis información e inscrición

Para recibir máis información ou inscribirse pódense dirixir ao Departamento de Servizos Sociais do Concello ou contactar coa Técnica de Igualdade nos teléfonos 981720280 / 981707104. O prazo de inscrición remata o vindeiro venres 18 de maio.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios