Martes. 23.04.2024
El tiempo

Malpica mellora a accesibilidade de varias rúas peonís

Malpica mellora a accesibilidade de varias rúas peonís
captura da Rua Orixeira de Malpica Captura da Rua Orixeira de Malpica A empresa López y Leis, S. será a encargada de desenvolver as obras de mellora da accesibilidade e dos servizos urbanísticos no ámbito comprendido entre as rúas Emilio González López, Os Agros e Orxeira. A pesar ser unha zona exclusivamente peonil presenta numerosos obstáculos para a mobilidade debido a existencia de varios tramos de escaleiras, algúns con chanzos moi elevados. Así mesmo, trátase dunha das zonas coas redes de servizos máis antigas da vila, e que, en consecuencia, presentan numerosos problemas. Para dar solución a esta situación procederase á renovación das canalizacións de saneamento, augas pluviais e abastecemento de auga, así coma á reparación do pavimento, á substitución dos pasamáns e ao redimensionamento das escaleiras para mellorar a accesibilidade. O investimento neste proxecto, incluído no Plan Único POS+ da Deputación, será de 34.485 euros, e o prazo de execución ofrecido polo adxudicatario, de 45 días a partir da formalización da acta de comprobación de replanteo.

Outras obras

Pola súa banda, a Xunta licita as obras da mellora da rúa Emilio González, cun investimento de máis de 560.000 euros, para iniciar as obras na vindeira primavera e rematalas antes de fin de ano. Será unha intervención ao longo de 300 metros, que suporá una mellora da accesibilidade ao proxectarse unha plataforma única O período de presentación de ofertas para estas obras, cun prazo de execución de 4 meses, remata o vindeiro 23 de xaneiro.

Comentarios