Venres. 29.03.2024
El tiempo

Malpica prepárase para o XVIII concurso de barcanas e castelos de area

Malpica prepárase para o XVIII concurso de barcanas e castelos de area
Coincidindo co arranque das festas do mar, este venres a praia de Area Maior de Malpica acolle entre as 10:30 e as 14:00 horas o XVIII concurso de barcanas e castelos de area. As inscricións oderán facerse tanto no Departamento de Educación e Cultura do Concello de Malpica ata o día 23 de agosto como na propia praia o día do evento ata as 11:00 horas. Cada participante ou grupo de participantes só poderá participar cunha única obra e existirán tres modalidades: infantil (ata os 10 anos), amador (de 10 anos en adiante) e barcanas (barcanas tradicionais de area sen límite de idade). O concello de Malpica, organizador deste concurso, repartirá un total de seis premios: 1º, 2º e 3º na modalidade amador, premio á mellor barcana, premio infantil e premio especial do público. As obras realizaranse na Praia de Area Maior nas zona balizadas polo concellos e os traballos realizaranse con posterioridade á inscrición do/a participante ou participantes e en calquera caso entre ás 11:00 e as 13:00 horas do 24 de agosto. Para a elaboración das obras só se poderán empregar area e materiais que se atopen na praia. Estará permitido o uso de ferramentas, difusores de auga, etc. O xurado valorará a calidade artísitica e a orixinalidade de cada proposta de acorco aos criterios de calidade técnica da obra, complexidade, deseño, dimensións, vinculación con Malpica e orixinalidade. Novas relacionadas Fonte

Comentarios