Venres. 29.03.2024
El tiempo

Malpica rendeuse ante Castelao

Homenaxe a Castelao en Malpica
Homenaxe a Castelao en Malpica
Malpica rendeuse ante Castelao

Este pasado domingo 2 de febreiro, o Concello de Malpica lembrou a figura dun dos máis ilustres galegos, Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. Fíxoo aproveitando a renovación da placa da rúa que leva o seu nome, case que no mesmo día do aniversario do seu nacemento, pois o 29 de xaneiro cumpríronse 134 anos.

Tanto o alcalde Walter Pardo como a Concelleira de Cultura Leticia Varela destacaron o valor incalculable para a cultura galega de Castelao. “Foi moi importante para Galicia e a súa lembranza é imperdurable”, apuntaba o rexedor. “Dicir Castelao é dicir Galiza, a cal non comprenderiamos do mesmo xeito sin a súa influencia. Este acto de homenaxe vén de amosar o que somos como pobo: unha unidade”, finalizaba a edil.

A sesión rematou coa interpretación do himno do Antigo Reino de Galicia, a audición dunhas verbas de Castelao.

Homenaxe a Castelao en Malpica 2Homenaxe a Castelao en Malpica 3

Comentarios