Imprimir

Malpica renova a iluminación do campo de Pedra Queimada

que pasa na costa | 05 de xuño de 2020

Campo de fútbol Pedra Queimada
Campo de fútbol Pedra Queimada

A campaña que vén o campo de Pedra Queimada contará con nova iluminación. Así o veñen de aprobar a Deputación da Coruña e o Concello de Malpica, que investirán 109.309,72 euros nas obras de instalación dun novo sistema de alumeado.

As obras, en fase de licitación ata o 16 de xuño, serán financiadas con cargo aos fondos adicionais do Plan Único (POS+2019) e suporán a instalación de catro torres de alumeado de 16 metros de altura sobre zapatas de formigón armado.

O alumeado será de tecnoloxía LED, con 60 proxectores de 220W (15 proxectores por torre), o que optimiza o consumo enerxético da instalación.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/malpica/malpica-renova-iluminacion-do-campo-pedra-queimada/20200605084336119842.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia