Martes. 16.04.2024
El tiempo

Malpica renovou a terraza e a cuberta do Centro Cívico para evitar as filtracións

Obras centro Cívico Malpica
Obras centro Cívico Malpica
Malpica renovou a terraza e a cuberta do Centro Cívico para evitar as filtracións

Remataron onte os traballos de renovación das cubertas e da terraza do Centro Cívico de Malpica. Ambas infraestruturas carecían de illamento e impermeabilización, polo que se producían filtracións de auga, o que derivaba en humidades nos espazos interiores. O total do orzamento da licitación supón 33.936,58 euros.

As terrazas actuais pasan a non ser transitables, e se retiraron as barandas e a estruturas que soporta, así como tamén se desmontou o vallamento modular de metal anexo ao CEIP Milladoiro, a cal tamén se pintará para de cara ao final da obra.

O alcalde, Walter Pardo, sinala da ‘mellora susbstancial que supoñen estes traballos á hora de dotar este espazo da calidade axeitada. Un dos lugares que máis demanda ten Malpica, a nivel educativo, cultural, e tamén de xuntanzas, non podía presentar as deficiencias que alí se daban’, sinala o rexedor.

Obras centro Cívico na terraza de Malpica

Comentarios