Martes. 23.04.2024
El tiempo

Malpica retoma en setembro o programa Concectad@s con dous novos cursos

Malpica retoma en setembro o programa Concectad@s con dous novos cursos
programa conectados malpica 2016 O vindeiro mes de setembro volve a Malpica o programa Conectad@s que ten como obxectivo promover o coñecemento e a utilización das novas tecnoloxías para contribuír a diminuír a brecha dixital de xénero. A oferta - que pon en marcha a área de Igualdade dirixida por Marisol Blanco - inclúe un curso de alfabetización dixital para mulleres e outro de novas tecnoloxías para persoas maiores de 55 anos, que se celebrarán na casa do Oleiro de Buño dende o 12 de setembro ata o 11 de novembro. Os horarios determinaranse segundo as persoas inscritas. As persoas interesadas deben presentar a solicitude de participación antes do 7 de setembro. Os grupos serán de seis persoas como máximo. Para máis información ou para inscribirse, as mulleres interesadas poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais ou contactar coa técnica de Igualdade, Patricia Vaquero, no 981 720 280.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios