Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Malpica trasládase a 1933 para revivir a historia da Misións Pedagóxicas

Misions Pedagoxicas en Malpica 2020
Así estaba a Praza central de Malpica ca visita das Misions Pedagoxicas en 1933
Malpica trasládase a 1933 para revivir a historia da Misións Pedagóxicas

Un 20 de outubro de 1933 a praza principal de Malpica enchíase para recibir o teatro de títeres do Retablo dos Fantoches, no marco das coñecidas Misións Pedagóxicas. Era o día no que José Val de Omar, Ramón Naya, Fernández Mazas, Miguel Prieto e Urbano Lugrís, xunto a Rafael Dieste iniciaban en Malpica as representacións de monicreques que as Misións Pedagóxicas representaron por todo o Estado.
Unha historia digna de recuperar como fai cada ano o Concello de Malpica, que celebrará este domingo o seu LXXXVII Aniversario cunha programación cultural adaptada.

Así, para este domingo, 25 de outubro e no Centro Cívico, está previsto ás 17:30 horas a visita á exposición fotográfica guiada por Xurxo Alfeirán. Ás 18:00 horas haberá unha sesión de títeres, con ‘Novos lobos’ e ás 19:00 horas a actuación de Xacarandaina, unha agrupación de baile tradicional.

Contarase con estritas medidas de seguridade ante a incidencia da COVID-19 en Galicia, e o aforo será limitado.

Máis información

Comentarios