Venres. 29.03.2024
El tiempo

Malpica xestiona a ampliación das horas de axuda no fogar e a creación dun centro de día

Malpica xestiona a ampliación das horas de axuda no fogar e a creación dun centro de día
malpica-consorcio O alcalde e a concelleira de Servizos Sociais de Malpica reunironse co xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar A ampliación das horas no Servizo de Axuda no Fogar - SAF - para o concello de Malpica e a creación dun centro de día para as persoas maiores do municipio foron os principais que abordaron o alcalde de Malpica - Eduardo Parga Veiga - e a concelleira de Servizos Sociais - Marisol Blanco Gorín - durante unha reunión co xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar - Perfecto Rodríguez Muiños -. A creación dun centro de día para as persoas maiores é un dos obxectivos que figuraba no programa electoral do Partido Popular e que xa foi transmitido no seu momento ao conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela. Por parte do goberno municipal dáse agora un paso adiante ao ofrecer ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar as instalacións da Casa do Oleiro con esa fin. A proposta foi ben acollida e, de feito, o vindeiro mes de setembro desprazaranse ata Buño responsables e técnicos do departamento para valorar a idoneidade do edificio. A consellería de Política Social aposta nestes momentos pola posta en marcha de centros sociais, e o concello de Malpica quere entrar na rede autonómica cun servizo que facilite a atención aos maiores. Na xuntanza con Perfecto Rodríguez Muiños tamén se fixo unha valoración moi satisfactoria do funcionamento da escola infantil, que comezará o curso con 29 usuarios/as: 10 de un a dous anos e 19 de dous a tres. “Estamos satisfeitos, porque se demostra que era un servizo necesario”, destacou o alcalde. Novas relacionadas Fonte  

Comentarios