Martes. 23.04.2024
El tiempo

O malpicán Óscar o Arrieiro, favorito na Gran Final do certame CeibaRimas

Oscar Garcia O Arrieiro na semis do Ceibarimas
Oscar García, O Arrieiro, que vemos na semis do CeibaRimas, parte como favorito para a final deste sábado
O malpicán Óscar o Arrieiro, favorito na Gran Final do certame CeibaRimas

Oscar García, coñecido como Óscar o Arrieiro, malpicán de 43 anos e veterano da escea poética e hiphopeira da comarca, é o favorito para a Gran Final da I Liga CeibaRimas. Un proxecto singular, que pretende poñer en valor a improvisación e a rima galega en clave de rap, que terá o seu cumio este sábado 3 de outubro a partir das 18:00h.

A final será retransmitida por streaming a través da canle de Youtube CeibaRimas de maneira que todo o mundo poderá ver de primeira man cal é o nivel do freestyle galego.

O malpicán, que agradecía a creación deste certame e que defendía este “modo de vida”, conta co maior cantidade de puntos nas batallas celebradas a través do IG @ceibarimas, pero terá que enfrontarse ante outros 7 regueifeir@s como MC MOG, Jallejo, Amorodo, A Rabela, XeVa, O Pirata e Rei Murtino.

O xurado seguirá estando formado por Frank Huxley, MC, freestyler e componente da banda Rebeliom do Inframundo; Xenderal, cantante de rap e ragga; e Sara Marchena, improvisadora oral e filóloga. Así mesmo, será conducido por Lil Moma, o presentador da métrica.

O sábado verémolo en acción, pero xa o podedes ver aquí nas eliminatorias previas dende o minuto 37:

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by CeibaRimas (@ceibarimas) on

 

E aquí o vedes no seu instagram @oscar_aka_arrieiro

Comentarios