Imprimir

Mandeo Records grava outra documental na Costa

que pasa na costa | 19 de xullo de 2011

Xa vimos en QPC o vencellamento que ten Mandeo Records coa Costa da Morte. Amosáronolo coa gravación de Caderno de Bitácora. Pero hoxe temos que falar dun novo traballo desta empresa de produción audiovisual. I é que Mandeo Records vén de comezar a rodaxe da documental Costa da Morte, A viaxe. Trátase dun video que están a facer para o GAC3 Costa da Morte, en colaboración con Mardelaxe. O traballo durará arredor de 60 minutos pero xa podemos ver o tráiler aquí. O traballo é unha produción de Zona 3 Costa da Morte, Grupos de Acción Costeira, coa colaboración do Goberno de España, o Ministerio de Medioambiente, Medio Rural e Mariño, a Consellería do Mar, e o Fondo Europeo de Pesca.

Novas relacionadas

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/mandeo-records-grava-outra-documental-na-costa/20110719072356068400.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia