Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Manel Blanco e Manel García Leal reciben a Medalla ao Mérito da Policía Local

Manel Blanco e Manel Garcia Leal distinguidos pola Xunta
Manel Blanco e Manel Garcia Leal serán distinguidos pola Xunta
Manel Blanco e Manel García Leal reciben a Medalla ao Mérito da Policía Local

Son ducias as accións heroicas dos nosos axentes da Policía Local. Cada mes temos historias incribles que contar sobre a súa actividade, pero hai algunhas concretas que merecen a distinción da Xunta. Por iso, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, anunciaba no DOG de onte, que vai conceder a Medalla ao Mérito da Policía Local ao ceense Manel García Leal e ao muxián Manel Blanco Lema, por dous rescates de enorme valentía.

Rescate na Punta da Buitra

Aquela mañá do 28 de agosto de 2019, tiña lugar un tenso rescate na punta da Buitra. Alberto, pescador vimiancés de 20 anos, estaba pescando con Claudia e Brais. Caía ao mar, e ao intentar sacalo da auga a vimiancesa tamén caía ao mar. Nese momento alguén avisaba ao 112, e de contado o Policía Local, Manel Blanco chegaba ao lugar, que berrando consegue descubrir onde están, nuns cantís moi abruptos. Claudia e Alberto conseguían subir ás rochas coa axuda do camariñán brais, despois de estar case media hora no mar, coas ondas batendo neles e facéndolle tragar moita auga. Claudia estaba realmente ferida, tiña fortes golpes, feridas abertas, síntomas de hipotermia e vómitos.

Manel Blanco, despois de aplicar Primeiros Auxilios, chama de novo ao 112, pide mantas térmicas e solicita a extracción da ferida en Helicóptero, dada a imposibilidade de ser trasladada en padiola por terra por mor da orografía do terreo e das lesións que presenta.
Os efectivos de Salvamento Marítimo chegan co Helimer pouco tempo despois, que carga á ferida coa axuda do Policía Local e a traslada ao Hospotal de Referencia.

Rescate na Lagarteira

Eran as 22:00h da noite do 12 de novembro de 2018. Manel García Leal era o primeiro en chegar á vivenda onde se declarara un lume no lugar da Lagarteira. Os Bombeiros estaban a chegar pero a situación non podía esperar. Manel adentrouse na casa, agarrou a unha muller e un home que estaban no interior, no medio do fume, e saíu con eles. Salvoulles a vida, pero con humildade asegura que ”calquera persoa faría o mesmo que eu na miña situación. Supoño, vaia”.

 

Novas relacionadas

Comentarios