Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Manhattan Skyline e o Guadalupe copan os premios da Laracha en Tapas

Unha tapa dunha ruta do ano pasado en Paiosaco
Unha tapa dunha ruta do ano pasado en Paiosaco
O Manhattan Skyline e o Guadalupe copan os premios da Laracha en Tapas
O Manhattan Skyline e o Guadalupe copan os premios da Laracha en Tapas

A sétima edición do concurso A Laracha de Tapas desenvolvida do venres ao domingo baixo a organización do Concello volveu ser un rotundo éxito. Durante esas tres xornadas nove locais ofreceron a 1,50 euros elaboracións orixinais e de calidade que foron altamente valoradas polo público consumidor.

Manhattan Skyline, situado na rúa Lino Gómez Canedo, logrou coas súas Croquetas galegas a mellor valoración por parte do xurado popular (houbo case 1000 votos) e tamén a segunda mellor puntuación do xurado profesional, levándose en total 450 euros entre os dous premios.
A criterio do xurado profesional (formado polos bloggers gastronómicos José Antonio Domínguez (www.rutasyrestaurantes.com), Antonio Doce (www.eloctopuslarpeiro.com), María Pérez (www.desayunacoruña.com) e María José Basanta (laurelycanela.blogspot.com)) a mellor tapa foi o Roliño de Entroido do Café Bar Guadalupe (situado na Avenida de Caión, fronte á Praza do Concello), obtendo un premio de 300 euros.

Todos os votos dos consumidores entrarán no sorteo dos regalos cedidos polos locais participantes e as empresas colaboradoras. A relación de premiados publicarase na páxina de Facebook do Concello da Laracha.

Comentarios