Venres. 19.04.2024
El tiempo

Manu Nogueira, un "fuoriclasse" en Muxía

Manu Nogueira, un "fuoriclasse" en Muxía
Na volta do Muxía á Liga da Costa foi o seu fichaxe estrela o que lle dou a vitoria a poucos minutos do final. Falamos de Manu Nogueira, muxián de 21 anos que volta á súa terra a deixar pegada con ese talento natural que posee dende pequeno. Da canteira carballesa da Luis Calvo pasou ó Deportivo da Coruña, onde estivo ata os 18 anos. No seu primeiro ano senior xogou no Bergantiños en 3ª División, e despois pasou 2 tempadas en Dumbría. Varias lesións frearon a súa progresión en momentos chave da súa carreira, e agora está de regreso en Arliña para poñer a súa clase ó servicio do equipo do seu corazón.  No Deportivo xogou ata xuvenís QPC - Que tal te atopaches no teu debut na liga da costa? En liñas xerais atopeime ben para ser o primeiro partido. Non estou ó 100 % físicamente, fáltame algo de chispa e supoño que ata que entremos algo en ritmo todavía non a pillarei. Normalmente cóstame un pouco pillar o mellor tono físico. QPC - Como foi o partido? O campo do Coristanco é moi pequeno e condicionou moito o partido. Ningún dos dous equipos tivemos oportunidades claras, e o feito de xogar con 10 parte do segundo tempo sendo como é o principio de liga, fixo que nos costara chegar á porta contraria, pero por sorte puidemos marcar e levarnos o partido. QPC - Que diferencia ves na costa coas categorías nas que xogaches anteriormente? Ó fin e ó cabo é fútbol. Hai diferencias, por suposto: nas categorías superiores a xente ten mais habilidade e calidade co balón, pero as ganas que lle poñemos son as mesmas, que é o que importa, e a ilusión ó mellor é mais na Costa que en categorías mais altas, e iso é co que se hai que quedar. QPC - Que tal equipo montastes en Muxía este ano? Creo que está bastante compensado porque temos xogadores bos en todas as liñas e ademais somos todos amigos, que iso sempre é un plus. Somos case todos da casa e iso axuda moito, somos xente xoven con ilusión e podemos facer moi bo papel este ano. En Carballo non tivo moitas oportunidades QPC - Como ves a liga? Quen son os favoritos ó título na túa opinión? A liga vai a estar bastante igualada. Vai a ser difícil ganar fora, todos nos imos facer fortes no noso campo. Non sabría decirche favoritos porque tampouco coñezo moito ós equipos, pero seguro que vai a haber varias sorpresas. QPC - Que fai alguén do teu nivel en 2ª? Na liga da costa hai bo nivel. Tiven a sorte de xogar en bos equipos pero na costa hai moi bos xogadores, que ó mellor non tiveron a sorte ou os medios para chegar mais alto, pero que por talento e habilidade non é. No fútbol inflúen moitos factores que non controlamos. Eu por sorte tiven unha familia que me axudou moito, teño uns pais que me levaron a todos lados para que eu xogara ó fútbol e iso é moi importante. QPC - O fútbol é a túa prioridade ou agora os estudios toman a dianteira? O fútbol nunca foi a prioridade. Cando eres pequeno os estudios son a primeira opción, porque chegar a ser futbolista é moi difícil. Sempre o tiven moi claro, e ademais agora mesmo teño uns proxectos persoais que me ilusionan moito e pódese decir que agora mesmo estou moi centrado neles. E tamén teño que decir que estar en Muxía me ilusiona moito, estar coa xente do pobo e ver o pobo ilusionado porque fagamos ben as cousas pois gústame moito. En Dumbría xogou 2 tempadas, sendo campión de 1ª Galicia QPC - Como te atopas das túas anteriores lesións? Pois francamente ben. Non me resentín de ningunha. A veces dame algo a lata o tobillo, sobre todo con mal tempo ou despois dos partidos, pero nada grave. Estou perfecto. QPC - Que recordos gardas de Bergantiños e Dumbría? Excepcionais. Quédome co recordo dos grupos de persoas que traballan nos clubes e nos facilitan as cousas ós xogadores, e deixei moi bos amigos en ambos equipos. Foi un placer xogar con xente da que ademais te quedas coa súa amizade. Iso é o mais importante do fútbol, os amigos que vas facendo polo camiño.

Comentarios