Venres. 19.04.2024
El tiempo

Manu Regueiro e Marta Barbeito triunfaron nunha fermosa Travesía Costa ABanca Balarés

Vista aerea da Travesia Costa Balares-Foto-Quito Ponteceso
Vista aérea da Travesía Costa Balarés-Foto-Quito Ponteceso
Manu Regueiro e Marta Barbeito triunfaron nunha fermosa Travesía Costa ABanca Balarés

Espectacular vestiu a praia de Balarés e o esteiro do Anllóns durante a celebración da III Travesía Balarés de Abellariza Ponteceso, xa inserida no circuito Travesía Costa Abanca by Duacode. 138 participanantes fixeron as delicias de todo o público que disfrutou deste fermoso espectaculo deportivo natural, complentando os 3,2 km entre a praia cabanesa Area das Vacas e o areal pontecesán, deixando esta edición unha nova marca: 42’43’’ que marcou Manu Regueiro Picallo, do Club Natación Arteixo. Marta Barbeito foi a campiona en categoría feminina.

Marta Barbeiro e Manu Regueiro campions da Travesia Costa Balares 2018
Marta Barbeiro e Manu Regueiro

Foto de familia na Area das Vacas da Travesia Costa BalaresFoto de familia na Area das Vacas dos 138 participantes

Ao final da xornada compartironse tres paellas de forma gratuita con participantes e organización, cocinadas de forma maxistral por Sara, Karlos e Charo, que botaron de menos nos fogóns a Josefa Amado, habitual na plantilla de Abellariza Chef que non tuvo ocasión de poñer o delantal en esta edición.

O presidente Miguel Cousillas quixo enviar un agradecemento a todas e todos os patrocinadores, ao Concello de Ponteceso, a Policía Local, e aos incondicionais colaboradores (familiares e amigos), facendo especial mención ao “bo rollo” e colaboración entre organizacións de eventos deportivos que teñen con Quito de Brigantia Aventura (está preparando para o 18 de agosto o Trail polas Terras de Pondal) e de Susana máis Miguel (están cos preparativos do Gran Trail Costa da Morte que terá lugar do 14 ao 20 de septiembre).

Organizacion da Travesia Costa balaresPaella en balares
Arriba a foto da organización organización e abaixo a paella

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios