Martes. 23.04.2024
El tiempo

Manuel Antelo: “Na oposición non existen propostas nin ideas, só unha crítica destrutiva e furibunda”

Tense que agochar nun portal para que non o paren mentres fala con nós ao tempo que fai a ronda casa por casa. A carreira electoral está na recta final e Manuel Antelo, candidato de Adiante Vimianzo, afronta estes discutidos comicios coa intención de manterse no goberno.

Manuel Antelo candidato de Adiante Vimianzo
Manuel Antelo candidato de Adiante Vimianzo
Manuel Antelo: “Na oposición non existen propostas nin ideas, só unha crítica destrutiva e furibunda”
  • QPC: Disfrutas ou sofres máis estas carreiras electorais?

Disfruto por varias cousas, porque é unha alegría o trato cos veciños. A inmensa maioría me trasladan moito cariño, e é a maneira máis directa de estar ca xente. Permíteme recorrerme todo o concello e tomar conta de como están alguhas cousas. Ademais non todo son palmaditas, tamén hai críticas e propostas que enriquecen o noso traballo político.

E mesmo fisicamente disfruto, porque consigo baixar algúns quilos e coller algo de color. É un esforzo bastante importante pero para min é unha alegría que me gustaría culminar o domingo.

Manuel Antelo dando un mitin

Gustaríame revalidala, porque se non temos maioría absoluta corremos o risco de volver ao pasado, e se poñen en risco os avances realizados estes anos como os investimentos estratéxicos, como os espazos públicos para a xente, como o paseo fluvial, prazas, sendas peonís, a rehabilitación do patrimonio municipal…
Porque as forzas políticas da oposición xa viñeron demostrando estes anos que dá igual o partido polo que se presenten. Non existen propostas nin ideas, só unha crítica destrutiva e furibunda, e un mal falar.

Non existen cirscunatcnias obxectivas que expliquen a necesidade dun cambio. Fumos consolidando un goberno iniciado, unhas liñas estratéxicas e un programa coherente. Houbo grandes conflitos, e somos un goberno que recoñecemos os erros e mantemos unha comunicación coa cidadanía, directamente ou mediante as asociación que nos permite ir mellorando continuamente.

  • QPC: Como afectará a Adiante Vimianzo todo o proceso de saída do BNG e de transformación?

Somos a mesma xente con outro nome. Polas circunstancias que se deron seu momento, todo o grupo municipal, por case unanimidade, un 95% do grupo, decidimos darnos de baixa do BNG por discrepancia pola estratexia que se viu en Galicia no discurso ante as prioridades do nacionalismo galego. Pero nós nunca abandonamos o noso programa. Nós seguimos a mesma xente do Bloque, os de sempre. Pero Adiante Vimianzo somos un proxecto local, non localista.

Adiante Vimianzo leva 3 anos funcionando correctamente, e os que se marcharon fixérono no último momento, e todos aportaron moito. Todos teñen que recibir o meu agradecemento. Non houbo unha discrepancia real, pero no proceso de renovación de listas, houbo xente que tivo que asumir a necesidade de cambiar.

  • QPC: Que lle parece entón a creación do “novo” BNG de Vimianzo?

O BNG de Vimianzo fíxose con xente de fóra. Nas decisións que se tomaron non se fixeron contando cos militantes de Vimianzo. Foi unha decisión de imposición. A min o que me produce é un novo desgusto sentimental porque eu no seu momento lanceille ao BNG propostas de ir en conxunto, que chegaron a Ana Pontón, de cara a sumar votos para a Deputación Provincial, e non houbo ningunha resposta, e montaron unha candiatura no último minuto en base ao resentimento, e iso non pode ser, acaba convertindo a política nun fraude que non vale para nada. Non se pode montar unha lista con xente que non sabe sequera que Vimianzo ten 14 parroquias.

Se xa existe unha forza nacionalista de esquerdas que ademais aglutina milintantes do Bloque, que sentido ten montar unha nova lista?

  • QPC: No seu momento formaches parte do Foro Galego que intentou unha unión do nacionalismo e a esquerda galega. Despois do visto con En Marea, é algo algo imposible de acadar?

Eu, e falo a nivel persoal, creo que é algo necesario, posible e que debería de ser o traballo a analizar despois do domingo no eido galego. Se o nacionalismo galego é capaz de ser unha forza determinante en moitos concellos, ten que selo tamén a nivel de país. Pero o nacionalismo galego debe de autodeterminarse, non facer seguidismo doutros procesos políticos que son interesantes, que dentro da lóxica son entendibles, pero que non son importables os modelos.

En Galicia existe un amplo sentimento galeguista e nacional que hai que convertir nun amplo proxecto político dende e para Galicia, cun amplo programa poítico e social. O que non pode é substiturise a política pola ideoloxía como fan moita xente. É posible que Galicia canalice as ansias sociais de políticas propias e de nacionalismo nunha potente corrente política, pero non pode confundir a estratexia coa táctica, e as alianzas que se fagan en determinados momentos son viables e non teñen que ser tomadas como hipotecas insalvables.

  • QPC: En 2011 conseguíades superar case 30 anos de goberno “socialista”, se ben os últimos dous anos de goberno de Alejandro Rodríguez foi como independiente. Cres que a nova candidatura do PSOE bebe máis da nova onda Pedro Sánchez ou daquela política caciquil?

O PSOE de Vimianzo é formado por un grupo de independientes, convocados por un alcalde que pretende facer política máis alá do seu concello. Un alcalde e deputado que ademais provocou un escándalo cos criterios de desiguais nas axudas da Deputación. Como se destinan 2 millóns de euros a Dumbría no último ano. Que pasa co resto de concellos da Costa da Morte? Están repetindo políticas como as que fai a Xunta de Galicia cando fai piscinas ou centros de día dependendo a cor do goberno municipal. Eu creo que Pequeño podería perfectamente encabezar unha lista do PP.

E volvendo ao PSOE de Vimianzo, non é renovación nin ilusión. Todos sabemos que este grupo é o mesmo que encabezou Alejandro cos Indepententes e que lle deu o relevo á sua sobriña. As súas políticas son de deteiras, e a candidata ten as alforxas moi cargadas, non só ás do seu tío, senón as súas propias, porque en todo o debate político sobre a utilización do espazo público para os intereses privados, ela estaba en primeira fila. Ela era traballadora da empresa adxudicataria dos líos provocados pola a construción da Casa da Cultura, que tan caro que saíu ao Concello. Debería recoñecer primeiro os erros do seu pasado, pero nunca o fixo, polo cal propón un proxecto de retroceso de polo menos 10 anos.

Demostrou estes anos na oposición, que só usa discurso do desastre, descalificativo, de conforntación, incapaz de dialogar, ata o punto de que non pode ter unha reunión comigo. E eu creo que a política é precisamente o método do diálogo.

  • QPC: Está tan crispada a vida política municipal como parece dende fóra?

En absoluto. É do máis tranquila. Só que cada dous meses, cando hai pleno, a oposición, como non ten propostas, dedícanse a facer un teatro que non se corresponde ca realidade. De feito non houbo grandes conflitos, e os que houbo, por exemplo coa casa que se derrubou en Bamiro, que era un tema no que eu non tiña nada que ver, e toda a oposición centrou as miras, sen sentido, contra min, que tiven que sufrir ademais as acusacións dese señor.

  • QPC: Cal é o proxecto estrella do voso programa?

Tratar de revitalizar as nosas aldeas. Neste momento de debate sobre o rural baleiro, temos que traballar para iso. Temos en marcha o proxecto Rural Vivo, que significa todo o conxunto de actuacións, dende a promoción de empresas, a promoción de emprego… pero tamén repavimentación, saneamento, limpeza, ata fomentar a política de rehabilitación de vivendas facemos coas bonificacións. E dende logo tamén temos que aumentar a prestación de servizos, como é o Servizo de Axuda no Fogar, que triplicamos en número de horas que continuaremos prestando e aumentando; ou a Escola Infantil Municipal que para o próximo curso ampliarase unha liña máis, pasando polas políticas culturais e deportivas, que son un atractivo tremendo para que a xente que vén de fóra veña cada fin de semana a enraizarse co pobo.

  • QPC: Que medidas concretas para potenciar o emprego e fixar poboación se formulan no programa?

Imos realizar iniciativas de xeito transversar. O parque empresarial é o motor económico do Concello e da Contorna. Se se realiza o enlace coa autovía, dame igual que o faga a Xunta ou o Goberno Central, teríamos un polígono a apenas media hora do Porto Exterior. Se a Estrella Galicia puido escoller Cee, Carballo ou Santa Comba, escolleiiunos a nós, é porque ve algo en Vimianzo.

Estamos a investir na adquisición de terreos, para cederllos a empresas que presenten proxecto de creación de postos de traballo que sexan revulsivos.

Levaremos un plan de emprego xuvenil, para abordar aqueles sectores da poboación con máis dificultades laborais, programas de actuación que permitan a contratación de persoas novas.

Tamén hai que outras propostas de turismo e patrimonio. Temos que ter en conta que o orzamento vai aumentar en 200.000 polos novos parques eólicos, cartos que imos investir nestas cousas.

  • QPC: Vai continuar esa decidida aposta polo patrimonio cultural?

Somos o Concello que máis destacamos pola aposta polo patrimonio. De feito, a Deputación levou a cabo dende aquí un proxecto para axudar aos concellos en torno ao parque do megalitimos poidamos ir adquirindo os bens. Creo que o BNG acertou moito nesa liña, e esperamos que non se perda. Para nós é fundamental, porque reincide ademais na contratación de emprego (guías, técnicos…), favorece a creación de novos proxectos turísticos de restauración e hostalería.

Por primeira vez Vimianzo ten un relato histórico, a través dunha punblicación gráfica para dar a coñecer o patrimonio de todas as parroquias. Un patrimonio que temos que coñecer primeiros os vimianceses para que todos os poidamos ser embaixadores.

E toda esta aposta (arqueoloxía en vivo mesmo no casco urbano, a ruta do megalitismo tan ben sinalada, zonas o Cereixo, a posta en valor dos Penedos…) ten que revertir no turismo, porque ademais de todo isto somos unha encrucillada de camiños, e un distribuidor de xente para toda a Costa da Morte, somos receptores na hostalería e restauración.

Lista de Adiante Vimianzo

  • QPC: A túa lista está formada por Marta Rey, Eugenio Vidal, Jesús Barbeira, Francisco Javier Trillo, José Antonio Vidal, Adela Rodriguez, Jaime Blanco Roget, stepahnie Castro, Manuel Lorenzo, Vanesa Pazos, Francisco Javier García e Ana María Pastoriza.
    Cales son os puntos fortes do teu equipo?

En primeiro lugar temos a hornadez por vangarda. Non levo conta das denuncias que levamos sufridas, pero nunca conseguiron demostrar que somos corruptos, simplemente por que non o somos. É un compromiso ético pero tamén é unha boa e efectiva xestión económica porque a corrupción sempre empeora os recursos público.
A honestidade é outro dos nosos valores: somos un grupo que non prometemos, comprometémonos. Procuramos ter un principio de veracidade no que dicimos e facemos.
A veracidade: somos traballadores públicos. A cidadanía ten o poder e só os representamos, e temos que escoitar o que necesita o pobo. Non temos que facer un programa de sabios para un pobo inculto. Temos que facer un programa feito polo pobo sabio.

Ademais temos a experiencia e a capacidade demostrada. E facemos unha aposta clara polo feminismo, polo papel da muller. Creo que Marta Rey demostrou a súa capacidade, e vai ser unha teniente alcade marabillosa, así como o resto da lista tamén.

Novas relacionadas

Comentarios