Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Manuel Antelo repetirá como candidato a repetir na alcaldía de Vimianzo

Manuel Antelo repetirá como candidato a repetir na alcaldía de Vimianzo
Manuel Antelo alcalde de Vimianzo

Seguimos coñecendo nomes dos que serán os candidatos ás Eleccións Municipais da Costa da Morte. Se o PP presentaba 12 candidatos en bloque, no BNG imos sabendo a contagotas. Xa coñecemos os de Malpica, Carnota, e Carballo, entre outros, e hoxe quedámonos en Vimianzo, onde o alcalde repite como candidato.

Despois dunha convulsa lexislatura, cunha máis que afiada oposición, Manuel Antelo Pazos aspira a acadar certa estabilidade de goberno, para levar adiante o que sería o seu segundo mandato. Antelo é un dos bastións do BNG na comarca. E pendentes do que faga o alcalde de Zas, Lolo Muíño, xa sabemos que 3 dos 4 alcaldes nacionalistas da comarca repetirán como candidatos, Evencio Ferrero en Carballo, Moncho Noceda en Carnota e Antelo en Vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios