Venres. 29.03.2024
El tiempo

Manuel Lema, o nome e o apelido máis frecuente na Costa da Morte

Manuel Lema, o nome e o apelido máis frecuente na Costa da Morte

Segundo revelan os datos do Instituto Galego de Estatística relativos o ano 2010 o nome máis frecuente dos varóns da Costa da Morte é Manuel. Na seguinte táboa amósase unha relación por cada un dos concellos da bisbarra onde se expresa en porcentaxes por cada mil habitantes a distribución dos nomes.

Cabe destacar que en municipios como o de Zas de cada mil homes, 65 chámanse Manuel. No conxunto dos concellos que forman a Costa da Morte e dalgúns próximos este é o nome masculino predominante.

En canto ás mulleres a cousa está máis dividida entre os nomes de Carmen e María segundo indican os datos do IGE con respecto ao ano 2010.

Por apelidos

Nos concellos de Cabana de Bergantiños, Laxe, Muxía e Vimianzo o apelido predominante é Lema colocado de forma indistinta; é dicir, tanto de primeiro como de segundo lugar. Dentro de cada un dos concellos, Lema tamén é o apelido que ten un maior número de rexistros dentro dun mesmo municipio. Desta forma, no concello laxense máis de 149 persoas de cada mil habitantes apelídanse Lema.

A Universidade de Santiago de Compostela é a encargada da páxina “Cartografía dos apelidos de Galicia” que ten como finalidade ofrecerlle aos usuarios unha ferramenta de investigación para coñecer a difusión territorial dos apelidos de Galicia.

Na seguinte imaxe obsérvase a distribución do apelido Lema no conxunto Galego. Aquí, pódese comprobar que unha gran parte dos rexistros concéntranse na Costa da Morte, Laxe Cabana e Vimianzo.

Táboa: Nomes e apelidos máis frecuentes dos concellos
CONCELLO NOME DE HOME(Porcentaxe por cada mil habitantes) NOME DE MULLER(Porcentaxe por cada mil habitantes) APELIDO(Porcentaxe por cada mil habitantes)
Cabana de Bergantiños Manuel (46,78‰) Carmen (34,78‰) Lema (59,18‰)
Camariñas Manuel (53,61‰) Carmen (31,23‰) Mouzo (78,09‰)
Carnota Manuel (39,42‰) María (39,22‰) Caamaño (129,85‰)
Cee Manuel (32,05‰) María (17,88‰) Mouzo (80,57‰)
Corcubión Manuel (18,65‰) Carmen (14,81‰) Lago (78,99‰)
Dumbría Manuel (58,74‰) María (34,22‰) Rodríguez (93,24‰)
Fisterra Manuel (39,94‰) María (22,48‰) Canosa (133,68‰)
Laxe Manuel (41,64‰) María (34,02‰) Lema (148,39‰)
Malpica Manuel (42,54‰) Carmen (43,99‰) Varela (130,52‰)
Mazaricos Manuel (56,26‰) María  (49,69‰) González (86,86‰)
Muros Manuel (37,59‰) María (37,08‰) Fernández (143,06‰)
Muxía Manuel (36,88‰) María (21,94‰) Lema (75,79‰)
Ponteceso Manuel (47,50‰) Carmen (34,98‰) Varela (111,04‰)
Santa Comba Manuel (56,81‰) María (27,20‰) García (96,02‰)
Vimianzo Manuel (62,71‰) María (33,14‰) Lema (96,83‰)
Zas Manuel (65,06‰) Carmen (33,47‰) García (68,26‰)
Datos do IGE (2010)

Novas relacionadas

Artigos de Lorena Martínez Canosa en A Costa en verde

Fonte

Comentarios