Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Manuela Rial volve con 6 postais premiadas do Concurso do Museo Histórico-Militar

Alumnado do Colexio Manuela Rial de Cee na Entrega Museo MIlitar
Alumnado do Colexio Manuela Rial de Cee na Entrega dos premios do Museo MIlitar
O Manuela Rial volve con 6 postais premiadas do Concurso do Museo Histórico-Militar

Volveu o Colexio Plurilingüe Manuela Rial Mouzo de Cee participar no XXIII Concurso de Postais de Nadal do Museo Histórico-Militar da Coruña. E volveron levar premio, entre os os máis de 2000 traballos presentados polo alumnado de ducias de centros educativos da Coruña capital e provincia.

6 alumn@s ceenses centro obtiveron mención malia á dura competencia:

En Categoría Educación Infantil, déronse 2 premios provinciais; un deles foi para Biel Lestón Canosa (Infantil, 3 anos) e outro para Martina López Cambeiro (Infantil, 4 anos).

Na outra categoría, que engloba Educación Primaria e 1º e 2º ESO, levaron cadanseu accesit Aroa Conde Cambeiro (2º Primaria); Gaizka Lago Elora (4º Primaria); Ainara González Sánchez e Ismael Paz Liñares (5º Primaria).

Novas relacionadas

Comentarios