Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula comeza o 2020 cunha nova limpeza

limpeza en Camarinas
Faise necesaria unha limpeza polos coídos de Camariñas
Mar de Fábula comeza o 2020 cunha nova limpeza

Hai cousas que non deben cambiar co comezo de ano, e o compromiso co medio ambiente é un fundamental. Así o teñen claro na Asociación Mar de Fábula, que convoca xa primeira recollida de lixo plástico do ano. A cita será este sábado 11 de xaneiro ás 10:30h, e a limpeza desenvolverase nos coídos de Portocelo, O Pindo e nos Boliños da Fortuna, tres recunchos da ribeira ben coñecidos e queridos polos veciños de Camariñas.

”Aproveitando o tren de borrascas que bateu na nosa costa no mes de decembro, o mar devolveunos moreas de lixo plástico, de todos os tamaños”, explica Xosé Manuel Barros. “De aí que Mar de Fábula, na súa primeira limpeza do ano, fai un chamamento a veciños e voluntarios para lle botar unha man ao mar e liberalo desta contaminación masiva e letal”.

O lugar de encontro será na rotonda do Castelo do Soberano. Mar de Fábula levará o material necesario para a limpeza: luvas e sacos.

Novas relacionadas

Comentarios