Imprimir

Mar de Fábula convoca á veciñanza para unha nova limpeza de plásticos do porto de Camariñas

Redacción | 31 de xullo de 2020

Este domingo 2 agosto, se queres axudar a limpar de plásticos o porto camariñán, podes achegarte ás 10:30h ao peirao do centro da vila, para botarlle unha man aos comprometidos [email protected] de Mar de Fábula.

A entidade quere apañar o máximo lixo plástico posible que contamina e afea a ribeira do seu porto, centro neurálxico desta vila mariñeira, lugar de encontro e paseo de veciños e veraneantes. ”A limpeza e saneamento dos lugares comúns, dos lugares que todos compartimos, son a base do respeto mutuo, da dignidade colectiva dun pobo e condición imprescindible para combatir toda sorte de virus”, explica o promotor Xosé Manuel Barros.

A entidade contará, coma sempre, co apoio loxístico do concello de Camariñas, e pide que a xente cumpla as medidas de protección axeitadas: levar máscaras de protección e fixar un límite de prazas, neste caso 20 persoa, que se cubrirán por orde de inscrición no correo: [email protected] ou no tlfno: 608609042. É importante traer botas de goma e luvas de traballo.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/camarinas/mar-fabula-convoca-vecinanza-nova-limpeza-plasticos-do-porto-camarinas/20200731095226120969.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia