Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Mar de fábula expón as súas crebas artísticas en Liresca

Exposicion de Mar de Fabula en Liresca
Mar de fábula expón as súas crebas artísticas en Liresca

Dentro das actividades programadas dende o espazo turístico LiresCa, este mes de agosto na planta baixa, e aberto ao público en xeral, pódese ver unha exposición da Asociación Mar de Fábula.

De luns a domingo, de 08:30 a 16:00 horas, e de 20:00 horas a 23:00 horas, a asociación sen ánimo de lucro que ten por obxectivo limpar o mar, comparte as pezas artísticas realizadas por Xosé Manuel Barros e compañía con crebas.

Son 6 anos xa os que leva Mar de Fábula organizando limpezas de praias e coídos no litoral da Costa da Morte e na Área Metropolitana da Coruña co fin de apañar todo o lixo mariño que o mar nos devolve e que, nun 90% son residuos plásticos en todas as súas formas, tamaños e composicións.

Unha das ferramentas de concienciación ambiental que se utiliza en Mar de Fábula é a reutilización do lixo plástico en diferentes formas de expresión artística como as expostas en LiresCa, cada unha coa súa propia linguaxe, pero todas elas poñendo en evidencia, na súa comunicación visual co espectador, a irracionalidade e desleixo do noso trato co mar.

Novas relacionadas

Comentarios