Imprimir

En marcha o I Torneo Infantil de Xadrez Mostra do Encaixe de Camariñas

que pasa na costa | 07 de marzo de 2019

Medra como a escuma o xadrez por Camariñas. A irrupción do Xadrez Club Náutico Camariñas está servindo de gran acicate para que este deporte, que viviu un auxe ao longo destes últimos 5-10 anos ao outro lado da ría, dende Touriñán, agora agrome á luzo do Faro Vilán.

A sección de xadrez do Náutico camariñán, xunto o Clun Xadrez Arteixo, xa teñen preparado o cartel do I Torneo Infantil Mostra do Encaixe de Camariñas, que se levará a cabo o día 20 de abril, sábado, de 16,15 h. a 20,00 h.

O Torneo que será dirixido por Óscar de Prado Rodríguez, e será con sistema de xogo “Suizo a 6 roldas” e con partidas de 10 minutos con 3 segundos de incremento. Haberá categorías sub-8 (Prebenxamín), Sub-10 (Benxamín), Sub-12 (Alevín) e Sub-14 (Infantil), con trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categorías, trofeos para o millor xogador/a local de cada categoría e regalos patrocinados polas entidades colaboradoras.

Poderan inscribirse ata o 19 de abril ou ata chegar ao tope de xogadores/as. A inscrición é gratuita e pode facerse a través do e-mail: [email protected] ou nos móbiles de contacto: 617234393 / 618950557, debendo indicar nombre e apellidos e data de nacemento.

Torneo de Xadrez Mostra do Encaixe de Camarinas 2019

Participación camariñá

En relación ao Xadrez Náutico Camariñas, que xa participará con máis dunha decena de xogadores neste I Torneo Infantil, os membros do equipo de nivel medio e avanzado, poideron asistir este xoves a unha charla do maestro Óscar de Prado Rodríguez, onde ademais de estudar xogadas e recibir consellos, se celebraron partidas simultáneas e que foron de gran axuda para seguir a formación dos rapaces e rapazas do Xadrez Náutico Camariñas.

Oscar Prado dando clase de xadrez en Camarinas
Óscar de Prado dando clases de xadrez en Camariñas

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/outros-deportes/marcha-i-torneo-infantil-xadrez-mostra-do-encaixe-camarinas/20190307114402107412.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia