Imprimir

En marcha as Ligas de F8 de Alevín e Benxamíns con miras á Liga Comarcal

que pasa na costa | 10 de outubro de 2019

Os calendarios están xa actualizados en www.futboldacosta.com

Este domingo comezan as Ligas de F8 nas categorías Alevín e Benxamín. E xa temos os calendarios en www.futboldacosta.com. Unhas Ligas que modifican moito a estruturas das nosas competicións de base cunha intención: participar nas Ligas Comarcais.

O interese dos Manuel Corredoira, Diego Batalla e Juan Vilamisar, responsables federativos, é que o Fútbol da Costa vaia fogueándose e aprendendo a competir a nivel autonómico, para inetnatr romper con esa barreira que se nos presenta en cada fase final de ascenso ás Ligas Galegas Infantís, Cadetes e Xuvenís. Nestes últimos anos só o Dumbría consegue competir a nivel autonómico, pero esperemos que esta aposta dea froitos nun futuro non moi lonxano.

A posibilidade de disfrutar de partidos contra equipos como o RCD Deportivo en Abegondo poden servir de acicate para ilusionar á rapazada.

Desenvolvemento da competición

Así, este domingo comezan os 4 grupos de cada categoría. Xogarán unha volta de 5 xornadas entre os 5 equipos de cada grupo (hai algún grupo con 4 ou 6 equipos pero se mantén o mesmo calendario para unificar desprazamentos).

Os 4 primeiros de cada grupo xogarán unha Fase Final o vindeiro 17 de novembro, e os dous que gañen as semifinais representarán ao Fútbol da Costa na Liga Comarcal.
Unha Liga Comarcal que contará con 12 equipos (6 da Coruña, 4 das Mariñas e 2 da Costa), que necesita comezar o 24 de novembro, de aí que o calendario se comprima deste xeito e as ligas costeiras non poidan ter máis duración.

O resto de equipos xogarán unha nova Liga Costeira ata final de temporada.

Prebenxamíns, en novembro

Pola súa parte prebenxamín vai ser unha Liga normal, dous grupos, Comezará en nomvebro

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/futbol-da-costa/marcha-ligas-f8-alevin-benxamins-miras-liga-comarcal/20191010121743113861.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA