Xoves. 28.03.2024
El tiempo

En marcha as obras da senda que unirá a zona deportiva co paseo marítimo de Laxe

A senda peonil unira o paseo co colexio copia
A senda peonil unirá o paseo coa zona escolar
En marcha as obras da senda que unirá a zona deportiva co paseo marítimo de Laxe

Esta semana comezan as obras das obras da senda peonil e ciclista a carón da estrada AC-429 para unir á zona deportiva, educativa e de lecer de Cabo da Area, centro de equipamentos do municipio, coa propia vila. Construcciones Ramón Vazquez y Reino SL comezarán as operacións para telas rematadas en 3 meses.

O novo treito, de preto de 800 metros, executarase en 2 treitos, comezando o itinerario principal polo extremo da praia pola marxe dereita desta vía ata a vila, onde conecta coas beirarrúas existentes. E un ramal, unha senda que conectará este itinerario principal co paseo marítimo e co carril bici existente, que discorrerá paralela ao Rego dos Cabalos, por ambos os lados.

Novas relacionadas

Comentarios